Venres 29 Marzo 2024

O Claustro da UVigo aproba un orzamento de 165 millóns para 2017

O Claustro da Universidade de Vigo deu o visto bo este luns ás liñas básicas da actuación orzamentaria que, de acordo coas previsións de ingresos e co Plan de Financiamento Universitario de Galicia, estiman para o exercicio 2017 un orzamento de ingresos por valor de 165.325.488€. Esta contía supón un valor superior ao do exercicio anterior, nun 2,95% debido, principalmente, ao incremento das axudas finalistas conseguidas no novo programa Horizonte 2020 que achega novos fondos para infraestruturas de investigación e á devolución da paga extra para o exercicio 2017.

No relativo ao gasto, este continúa na senda da contención e marcado, segundo explicou o vicerreitor de Economía e Planificación José Manuel García, “pola mellora na xestión eficiente dos recursos ordinarios e pola adaptación do novo Plan de Financiamento do SUG 2016-2020, que garante a capacidade de funcionamento para o noso nivel de gasto, que súa meirande parte, é gasto no capítulo de persoal”. Esta partida increméntase para 2017 nun 2,59% e acada os 97.498.500 euros, o que representa case o 60% do orzamento total da institución.

Publicidade

As axudas a infraestruturas de investigación fan medrar as transferencias de capital

Así, a Universidade de Vigo presenta unha posición financeira que se caracteriza pola inexistencia de débeda bancaria. No referente á estrutura de ingresos que se recollen nas liñas xerais de política orzamentaria, é destacable “o considerable incremento” das transferencias de capital (5,21%) debido, principalmente, á consecución de novas axudas para infraestruturas de investigación e axudas para as Agrupacións Estratéxicas e Centros Singulares de Investigación. Tamén resaltou o vicerreitor o incremento dos activos financeiros (40,67%), consecuencia de axudas cobradas en 2016 procedentes de fondos europeos e que serán executadas no exercicio 2017. No capítulo referente ao capítulo de taxas, prezos públicos e outros ingresos, agárdase un lixeiro aumento do 1,47% sobre o exercicio anterior. O reparto porcentual dos capítulos de ingreso verbo do total do orzamento amosa que o capítulo máis elevado é o referido a transferencias correntes, que representa o un 71,41% do total dos ingresos.

En relación á previsión de gastos, o persoal continúa a representar a principal partida (58,97% do total do orzamento) cun importe de 97.498.500 €. Esta cantidade, segundo García, é superior á do 2016 (95.040.900€) debido á “adecuación do importe orzamentado ao efectivamente gastado nos últimos exercicios, nos que o mantemento do emprego público, o incremento vexetativo da masa salarial, a devolución da parte proporcional da paga extra e o incremento da participación do persoal de convenios e programas no gasto imputado ao capítulo I, fixeron que o gasto efectivo se incrementara de xeito salientable”.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

As cinzas dos lumes de 2017 poden causar alteracións no plancto costeiro da Vigo

O estudo realizado por investigadores do CIM da Universidade de Vigo centra a súa investigación na escorredura posterior ás queimas

Os bioplásticos e polímeros sintéticos teñen realmente capacidade de biodegradación?

O proxecto Polbio nace para determinar se este proceso pode ter algún efecto tóxico en ambientes terrestres e acuáticos

Un método estatístico permite detectar por primeira vez que liñaxes celulares evolucionan máis rápido

O estudo, no que colabora a Universidade de Vigo, axudaría a identificar mutacións con incidencia en enfermidades como o cancro

“O ingreso de mulleres nas carreiras de enxeñería está en declive”

Soledad Torres Guijarro, profesora na UVigo, investiga na actualidade a contaminación acústica nos ecosistemas submarinos e como reducila