Xoves 28 Marzo 2024

Nace unha nave xigante: o Centro de Investigación Tecnolóxico e Industrial

Concibido coma un dos baluartes do Vigo Tecnolóxico, 2014 será o ano do equipamento e posta en uso do Centro de Investigación Tecnolóxico Industrial, MTI. Segundo informa o DUVI, o edificio está xa rematado e cumpre todas as condicións necesarias para o seu uso polos grupos de investigación dos ámbitos do deseño e a produción industrial e a investigación aplicada en temas como enerxía, automoción, ciencia e tecnoloxía dos materiais e medio ambiente.

De cara a determinar que grupos serán, finalmente, os que se trasladen ás novas instalacións a Vicerreitoría de Investigación abriu o prazo de convocatoria para que os grupos que o desexen fagan a súa solicitude. “Unha vez resolta esta convocatoria levarase a cabo o acondicionamento final dos espazos en función da utilización concreta que cada grupo queira facer deles”, subliña a vicerreitora Asunción Longo, que explica tamén que cada un dos grupos poderá trasladar parte do equipamento do que dispón na actualidade ao MTI.

Publicidade

Acollerá investigación sobre enerxía, automoción, medio ambiente e materiais

O principal encargado da posta en marcha deste novo centro de investigación é o profesor do Departamento de Enxeñaría de Sistemas e Automática, Ángel Espada, nomeado director do centro o pasado mes de febreiro, quen subliña que, un número significativo de grupos de investigación manifestaron xa o seu interese nas novas instalacións. “Falamos de grupos altamente competitivos, de gran proxección e cunha alta capacidade de captación de recursos externos”, subliña a este respecto a vicerreitora de Investigación, quen indica que, “aínda que é difícil dar unha cifra concreta”, o número de beneficiarios podería situarse en torno a vinte.

Maquinaria de gran volume

O prazo de solicitude está aberto e, unha vez finalizado, “será necesario unha análise detallada de cada demanda en función dos recursos de equipamento e instalacións que precisen, de forma que a aprobación da concesión de espazos teña en conta tanto as necesidades dos grupos como a ocupación eficiente do centro”, subliña o director, que explica que moitos dos grupos que van solicitar espazos traballan con maquinaria de gran volume, polo que dispor dunhas instalacións destas características lles será de gran axuda.

Nesta liña, Longo recalca que unha das principais vantaxes do novo edificio é, precisamente, “dispor de espazos de nave-taller máis axeitados para a instalación de grandes máquinas e equipamentos de investigación a escala piloto”, ao que engade que, “sen dúbida”, as novas instalacións contribuirán a manter e mellorar o nivel científico-tecnolóxico acadado polos diferentes grupos de investigación do ámbito tecnolóxico, “ e axudaralles tamén a proporcionar valor engadido e vantaxes competitivas para a captación de recursos e para darlles unha maior visibilidade cara á sociedade”.

Un deseño singular

Deseñado polo arquitecto vigués Alfonso Penela, autor entre outros edificios do campus, da veciña Citexvi, a Cidade Tecnolóxica de Vigo, o novo Centro de Investigación Tecnolóxico Industrial dispón dun singular deseño que deixa ao descuberto unhas vistas privilexiadas. En total falamos de 745 metros cadrados de nave taller e doutros 570 de espazos de investigación

2 COMENTÁRIOS

  1. Sin acritud (por educación y para que nadie se soliviante), el edificio, por fuera, me parece espantoso. Parece un bloque, de los años 50-60, de cualquier ciudad o zona del ámbito soviético. Otra cosa es el interior y la utilidad del edificio, pero no se podia haber cuidado exteriormente ?

  2. É un edificio que está ou estaba pensado para manter un diálogo coa proposta diseñada das vías elevadas de Paulo Mendes da Rocha tanto este coma o Citexvi, ambos se contraponen na súa imaxe pero no seu concepto, as vías elevadas deberían rematar o traballo e unir estes edificios, mais os outros. Ambos edificios están íntimimamente ligados o brutalismo brasilesño de Artigas e Paulo Mendes da Rocha, o importante neste edificio non é recurrir o tópico da paixase se non que hai un punto de influxeíon en que en ambos edificios o contrario qu e n outos diseñados polo arquitecto na Universidade como o de económicas o edificio no se adapta a topografía do terreo senon que os puntos de apoio un estructuras son visibles tanto no aparentemente liviano coma no aparentemente brutalista. Curiosamentte en Paulo dase a tendencia o revés de pasar a traballar có hormigón busca estructutas más livianas as de as vias elevadas o eran (unha pena) Porque o final o que interesaba é a interrelación, interrelación que non se pode entender o meu parecer sen a Biblioteca de Alberto Noguerol e sen o Edifico de Enric Miralles o quizá influi na cota de elevar a residencia univeritaria otra vez apoiada sobre a topografía e buscando interracionar ese edificio co aulario de enric Miralles, De todos modos un edificio moi moi interesante

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O Simposio Nacional de Oncoloxía de Precisión insta ao impulso da terapia en Galicia

O evento acolle en Vigo a máis de 40 expertos os días 22 e 23 de febreiro

A UVigo bate récords na captación de fondos nacionais coa consecución de 5,5 millóns de euros para 40 proxectos

A metade dos traballos están vinculados os investigadores dos centros CIM, CINBIO, atlanTTic, Cintecx e Ecobas

A galega Elena Ojea gaña o Premio Fundación Banco Sabadell á Sostibilidade Mariña

A investigadora recibe este recoñecemento polo seu traballo sobre a adaptación e transformación dos sistemas socioecolóxicos mariños
00:05:48

ViaExterior, á conquista de novos mercados

Desde a súa creación hai sete anos, esta aceleradora da Zona Franca xa acompañou con éxito o proceso de internacionalización dun centenar de empresas