A foto de Javier Yarnoz titulada 'Erosión' gañou o primeiro premio.

O Museo de Historia Natural premia as mellores fotos de natureza

Javier Yarnoz levou o maior galardón coa súa imaxe titulada 'Erosión'

A Asociación de Amigos do Museo de Historia Natural da USC xa ten aos gañadores do seu II Concurso de Fotografía da Natureza, celebrado nos meses de maio e xuño de 2019. O primeiro premio, de 300€, é para Javier Yarnoz Sánchez polo seu traballo titulado ‘Erosión’; o segundo, de 200€, para José Luis Gigirey González, pola fotografía ‘El último vuelo’, e o terceiro, de 100€, para Inés Mato Naveira por ‘O fráxil segredo’. O xurado estivo formado por fotógrafos profesionais e afeccionados con coñecementos fotográficos que elixiron os traballos premiados por votación secreta.

2º Premio: El último vuelo, de Luis Gigirey.

Os premios serán entregados no acto de inauguración da exposición das mellores fotografías do concurso presidido presidente da Asociación de Amigos do Museo no Museo de Historia Natural da USC (Parque Vista Alegre, 15782 Santiago de Compostela) nun acto previsto para este mes de xullo.

3º Premio: O fráxil segredo, de Inés Mato.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.