Xoves 25 Abril 2024

María José Alonso recolle o Premio de Investigación Burdinola

Este galardón recoñece a contribución da catedrática da USC aos avances en biomedicina personalizada e rexenerativa no ámbito da Nanotecnoloxía

A catedrática da USC Maria José Alonso recolleu este luns o XVII Premio de Investigación Burdinola en recoñecemento ao seu traballo no eido da biomedicina personalizada e rexenerativa con relación aos nanomateriais e  nanopartículas. O acto celebrouse no Paraninfo da Facultade de Xeografía e Historia e estivo presidido polo reitor Antonio López.

O laboratorio da profesora Alonso é dende 1990 pioneiro en España no ámbito da  Nanomedicina. A súa orientación, cunha clara vocación traslacional, centrouse no desenvolvemento de terapias baseadas en fármacos biolóxicos, poñendo o foco no eido da medicina personalizada e rexenerativa. María José Alonso acadou o  noveno posto na clasificación mundial do ‘Times Higher Education’, no ano 2010, na área de Farmacoloxía e Toxicoloxía. Asemade, na última década ocupou o primeiro lugar na clasificación española que mide o impacto dos traballos científicos na área de Farmacoloxía (índice  H= 90; >27.000 citas). Este ano foi incluída na ‘Power  List 2020’ dos investigadores máis influentes do mundo no ámbito  biofarmacéutico (The  Medicine  Maker, 2020). É tamén membro de cinco Academias, entre elas a Academia de Medicina de Estados Unidos.

Publicidade

Sensibilidade coa contorna social

Unha actividade en contacto directo cos equipos de investigación e unha especial sensibilidade coa contorna social, fixeron  xermolar en Burdinola a idea de crear un galardón que, precisamente, contribuíse ao recoñecemento, a valoración e o estímulo da comunidade científica. Este propósito materializouse no ano 1994 coa posta en marcha do primeiro Premio de Investigación Burdinola. Dende entón, a lista de galardoados foi medrando con grandes nomes da actividade científica española.

María José Alonso, na recepción do galardón. Foto: Santi Alvite.

Nesta décimo sétima edición, sete expertos avaliaron as diferentes candidaturas. O xurado estivo presidido por Joseba Pineda, decano da Facultade de Medicina e Enfermería da Universidade do País Vasco; sendo secretario o director da Fundación Universidade-Empresa  Euskoiker, Alfonso Hernández. O comité contou tamén cos vocais Laura Lechuga, Rosa Hernández, Ramón Colomer, Guillermo  Zalba e Mikel Martínez, director xeral de  Burdinola, este último con voz pero sen voto. No seu ditame, o xurado tamén quixo destacar o elevado nivel de calidade de todas as candidaturas presentadas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Nanotecnoloxía galega contra o tumor cerebral máis común

Un estudo da USC abre a porta a unha nova aproximación terapéutica que podería posibilitar un ensaio clínico nun prazo de tres anos

A USC participa nun consorcio europeo para desenvolver vacinas nasais

Os grupos de Noémi Csaba e María José Alonso forman parte dunha iniciativa que quere evitar infecciósn respiratorias de alta prevalencia

María José Alonso, no podio das investigadoras máis influíntes do Estado

Ocupa o posto número tres na lista das mulleres científicas máis importantes en función do impacto das súas publicacións

Galicia avanza para contar cos seus propios medicamentos CAR-T nos próximos anos

A finais de ano abrirá un centro de produción en Santiago e un proxecto de investigación traballa para aplicalos en tumores sólidos