Venres 19 Abril 2024

Lugo presenta o seu novo grao en Robótica

O Campus Terra da Universidade de Santiago incorpora esta nova titulación "para ensamblar e programar robots reais dende o primeiro curso"

A oferta académica da Universidade de Santiago para o próximo curso 2019-20 incluirá o Grao de Robótica, segundo aprobou este luns o Consello Galego de Universidades. Este novo título, único no SUG e que ata o momento só se podía cursar nas Universidades Rey Juan Carlos e Alacante, ofrece 50 prazas de novo ingreso para o primeiro curso.

O grao, que se desenvolverá na Escola Politécnica Superior de Enxeñaría de Lugo, presenta un programa académico cunha estrutura total de 240 créditos, repartidos ao longo de catro cursos e distribuídos en 60 créditos de formación básica, 126 de materias obrigatorias, 30 créditos optativos, 12 créditos en prácticas externas obrigatorios e 12 créditos no Traballo Fin de Grao.

Publicidade

O itinerario académico do grao en Robótica posibilitará ao  alumnado comezar a ensamblar e programar robots reais dende o primeiro curso, grazas a existencia de materias de proxectos integrados, de carácter totalmente práctico, e nas que porá en xogo os coñecementos adquiridos noutras materias para a resolución de retos en robots.

Segundo explica a USC nun comunicado, o título contempla unha mención en AgroRobótica, para a que deberá seguirse un itinerario formado por 30 créditos ECTS de materias relacionadas coa especialización escollida optando entre unha oferta de 6 materias.

Ampliación da oferta de posgrao

A oferta académica da USC para o curso 2019-20 tamén depara unha renovación e ampliación da súa programación de posgrao oficial. Daquela, ao amplo abano de títulos existente súmanse os mestrados en Condicionantes Xenéticos, Nutricionais e Ambientais do Crecemento e o Desenvolvemento; Enxeñaría de Procesado de Alimentos; Investigación en Ciencias da Visión; Psicoloxía; Psicoloxía do Traballo e da Organizacións e Psicoloxía Xurídica-Forense, e Química na Fronteira coa Bioloxía e a Ciencia dos Materiais.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un bólido cruza a costa de Lugo ata caer no Cantábrico

A segunda bóla de lume visible dende Galicia en apenas dúas semanas procedía da chuvia de estrelas das delta-leónidas

Gciencia celebra o Día da Lingua Materna cun relatorio sobre a divulgación en galego

A xornalista Laura Filloy abordou a importancia de trasladar o coñecemento científico á sociedade nun acto celebrado no Campus de Lugo da USC

Novos achados revelan o carácter funerario da ‘roda’ de Adai, un xacemento único en Galicia

A descuberta dunha ola que se conserva completa e de pé sobre unha lousa suxiren que servía para actos rituais fundacional

Atopado o talón de Aquiles da rata toupa, a praga que azouta a montaña luguesa

O estudo do órgano vomeronasal deste mamífero subterráneo avala o uso de químicos para diminuír a súa poboación e frear o seu impacto na agricultura