Julio Abalde é reitor da Universidade da Coruña desde 2015. Foto: julioabalde.udc.gal.
Julio Abalde é reitor da Universidade da Coruña desde 2015. Foto: julioabalde.udc.gal.

Julio Abalde, reelixido como reitor da Universidade da Coruña

Impúxose con máis do 70% dos apoios ao outro candidato, o catedrático de Enxeñaría da Construción Fernando Martínez Abella

O ata agora reitor da Universidade da Coruña, Julio Ernesto Abalde Alonso (Vigo, 1956) gañou este mércores as eleccións ao reitorado da institución académica, nas que se medía ao catedrático de Enxeñaría da Construción Fernando Martínez Abella. Abalde obtivo un 70,15% dos votos fronte ao 29,85% do outro candidato.

Julio Abalde e o seu equipo dirixirán, por tanto, a universidade coruñesa ata o 2023. O actual reitor accedeu ao cargo en 2015, despois de exercer como vicerreitor de Títulos, Calidade e Novas Tecnoloxías no equipo do anterior mandatario, Xosé Lois Armesto. A participación nos comicios deste mércores foi do 26,16%, cun total de 4626 votos, dos que 3.245 foron para Abalde e 1.381 para Martínez Abella. Porén, unha vez ponderados (as diferentes categorías de electores, como persoal con vinculación permanente, o resto do persoal docente, o estudantado e o equipo de administración e servizos teñen un diferente coeficiente de voto), os resultados quedaron con 3.197 apoios para Abalde e 1.429 para Martínez Abella.

O maior apoio acadouno Abalde no persoal docente e investigador, cun 78% dos votos, mentres que a maior porcentaxe que recibiu Abella estivo no profesorado doutor con vinculación permanente, cun 33%. En canto ao estudantado, só participou un 18,32% do total de electores que estaba chamado a votar.

Julio Abalde Alonso

O reelixido reitor da UDC é licenciado en Ciencias Biolóxicas en 1978 e Doutor en 1986 pola Universidade de Santiago de Compostela. Desde o ano 1985 impartiu clase no Colexio Universitario da Coruña e en 1988 obtivo a praza de profesor Titular de Microbioloxía na USC, impartindo docencia nas Facultade de Bioloxía, Veterinaria e Farmacia. No ano 1991, pouco despois da creación da universidade coruñesa, comezou a exercer como profesor titular de Microbioloxía na Facultade de Ciencias.

O seu labor investigador está centrado no eido das microalgas, en aspectos como a súa produción masiva e utilización en acuicultura ou na resposta fisiolóxica á presenza de contaminantes, metais pesados e pesticidas no medio.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.