Venres 19 Abril 2024

IESIDE fusiona aulas físicas e virtuais co inicio do novo curso do grao en ADE

A institución de educación superior da Obra Social de Abanca adapta o seu modelo ao novo contexto provocado pola Covid-19

O vindeiro 21 de setembro dará comezo no Campus de Vigo de IESIDE o Grao en Administración e Dirección de Empresas (ADE), o único oficial con dobre titulación internacional impartido por unha institución de educación superior privada galega.

Novo panorama

O contexto actual provocado pola pandemia animou á consolidación dun modelo docente polo que IESIDE levaba xa tempo apostando e en función do cal se implementou unha tecnoloxía de campus virtual e interconectividade das aulas que se sitúa á cabeza das instaladas en España nas institucións de educación superior. “A metodoloxía terá a vocación presencial de sempre, á que se incorpora, de modo rotatorio e a través do noso Campus Virtual, a actividade en liña”, como sinala Miguel Ángel Escotet, reitor presidente de IESIDE. Así, a institución de educación superior da Obra Social de ABANCA reforza o seu modelo de formación «mirando ao futuro, incidindo sobre as destrezas e as competencias dixitais que habilitarán os estudantes para as novas formas de traballo e o perfeccionamento profesional», engade Miguel Ángel Escotet.

Publicidade

Deste xeito, para o curso 2020-2021, ademais do seu sistema integral e personalizado de titorías e de mentoring que favorecen a intercomunicación entre docentes e estudantes e que é un dos seus valores diferenciais, IESIDE implementou un modelo de actuación neste novo contexto asentado na creación de grupos estables. Estableceranse dous grupos burbulla en cada sección que asistirán a clases no campus en días alternos de modo que cada alumno recibirá clase presencial de cada materia polo menos un día da semana. Este escenario permite incrementar as medidas de seguridade na aula, garantindo a máxima presencialidade de cada grupo no campus e facilitando que o profesor estableza o vínculo persoal necesario con todos e cada un dos seus estudantes. Así mesmo, ante a eventualidade dun positivo por Covid-19 nun dos grupos, este sistema permite que non se paralicen as clases presenciai para o outro grupo.

Mestura de aulas presenciais e actividade en liña

A metodoloxía académica que se segue neste grao é de tipo práctico, aprendendo sobre situacións reais, con simulacións empresariais, foros e conferencias. Tamén se incentiva o adestramento en competencias, mentres se desenvolve unha formación na que o inglés actúa tamén de lingua vehicular.

IESIDE ofrece un modelo de ensino focalizado nas aulas presenciais e con actividade en liña, co fin de crear sinerxías entre a asistencia física a IESIDE e a conexión en remoto con pleno acceso a toda a actividade da aula en tempo real, grazas á instalación de, entre outros, encerados dixitais interactivos, sistema de cámaras de alta definición con auto-tracking, pantalla de seguimento dos estudantes en remoto ou micrófonos de ambiente nas aulas que dinamizan a participación no desenvolvemento da clase en tempo real e sincrónico. Ademais, as clases son gravadas, co fin de poder volver acceder a elas, sempre que sexa necesario, a través do Campus Virtual, epicentro da actividade académica de IESIDE en liña.

O recoñecemento cara a IESIDE aséntase, entre outros diferenciais, no constante proceso de actualización do ecosistema dixital, no que se combinan os beneficios da presenza nas clases cos dos recursos informáticos. Ao longo destes anos veuse fomentado a innovación a través da transformación dixital, o que o situou á cabeza na aplicación de modelo de ensino mixto personalizado, permitíndolle obter o nivel TI Avanzado Tipo 2 establecido pola Conferencia de Reitores das Universidades Españolas (CRUE Universidades Españolas), que só acadan o 3,79 % dos centros universitarios nacionais.

O doble grao que ofrece IESIDE garante a posibilidade de acceder á opción internacional grazas aos acordos de intercambio de IESIDE coa Dublin Business School, unha institución de recoñecido prestixio global. Ademais do intenso perfil internacional que ofrece IESIDE, o 96 % dos seus estudantes de grao atopan traballo en menos dun ano, e unha porcentaxe moi similar volvería escoller este centro para os seus estudos.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O inexistente caso do fenómeno ADE nas vacinas contra a Covid-19

A potenciación da infección dependente de anticorpos (ADE) é un fenómeno que xurde nalgunhas enfermidades infecciosas: pero non hai ningunha evidencia na Covid-19

Afundación convoca un premio internacional para recoñecer a investigación educativa

O galardón, dotado con 12.000 euros, recoñecerá a persoas destacadas polas achegas á investigación en educación en calquera dos seus niveis, dimensións ou modalidades

Ciencia sostible, con Sebastián Villasante: “O fráxil equilibrio dos océanos”

O experto da USC pechará o ciclo "Conciencia sostible", programado pola Obra Social de Abanca, nunha entrevista que se emitirá en GCiencia

Os retos do desenvolvemento sostible, a debate en GCiencia

María Teresa de Castro, de Ephyslab (UVigo), explicou o desenvolvemento dos modelos sobre o cambio climático nun proxecto en colaboración con Afundación