Venres 19 Abril 2024

A UDC, entre as 100 universidades do mundo máis comprometidas co medio ambiente

A lista ‘Greenmetric‘, clasificación anual que avalía o compromiso de universidades de todo o mundo coa sustentabilidade do medio ambiente, sitúa á Universidade da Coruña entre as 100 máis destacadas do mundo, segundo os datos de 2017, que acaba de facer públicos. A sitúa á institución coruñesa no posto 87, e por diante das outras dúas galegas: a UVigo aparece no posto 118 e a USC, no 283, dentro dun total de 619 institucións de 76 países. Así, a UDC sobe desde o posto 149 e a UVigo desde 0 321, mentras que a USC cae desde 0 234.

A Universidade da Coruña obtivo en total 5.782 puntos. Estas valoracións organízase en seis categorías: enerxía e cambio climático (21% da nota final), xestión de residuos (18%), transporte (18%), educación (18%), configuración e infraestrutura (15%) e uso da auga (10%). A UDC destacou especialmente no apartado da xestión de residuos, con 1.551 puntos. Pola súa banda, a UVigo obtivo unha alta valoración no eido do transporte (1.112 puntos).

Publicidade

A lista ‘Greenmetric’, impulsada pola universidade de Indonesia, selecciona os criterios que xeralmente están considerados como de importancia para as universidades no ámbito do medio ambiente. Así, inclúen información relativa ao tamaño da institución, zona de influencia e emprazamento, para deste xeito ter unha referencia do grao de espazos verdes asociados ás instalacións universitarias.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un equipo da UDC patenta un sistema pioneiro que mide a postura vertebral en tempo real

Investigadores do CITENI crean unha tecnoloxía non invasiva e de baixo custo para mellorar o diagnóstico e tratamento das doenzas da columna

Si, pódese crear acuarela con bacterias: a UDC impulsa a divulgación a través da arte

CICAGallery estrea a súa primeira edición con cinco artistas que convivirán con distintos grupos de investigación da universidade

Como medir as estrelas para revelar os misterios da Vía Láctea

Os investigadores do CITIC Xabier Pérez e Lara Pallas participan na misión Gaia, que pretende crear o maior mapa 3D da nosa galaxia

Unha científica galega secuenciará o xenoma da ‘herba de namorar’

A especie 'Armeria pungens' está presente nas illas Cíes, o único lugar de Galicia onde se pode atopar