Xoves 25 Abril 2024

Galicia terá un grao e máster interuniversitario en Intelixencia Artificial en 2022

As tres universidades e a Xunta asinan un acordo para impartir as titulacións, que contará con 150 prazas de grao e 60 de mestrado

A Xunta de Galicia e as tres universidades públicas galegas (UDC, UVigo e USC) asinaron este martes en Santiago de Compostela un acordo polo que as titulacións de grao e mestrado en Intelixencia Artificial serán interuniversitarias, por considerar “importante garantir o equilibrio territorial que facilite o acceso máis xeneralizado posible a este tipo de estudos tendo en contra a súa influencia económica e social nos vindeiros anos”, tal e como recolle o documento. A previsión é que comezar a impartir a formación  desde o curso 2022/2023 cunha oferta total de 150 prazas de grao e 60 de mestrado. Este número de prazas repartirase equitativamente entre as tres institucións (50 e 20, respectivamente).

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, o conselleiro de Educación, Román Rodríguez, e os tres reitores (Julio Abalde, Manuel Reigosa e Antonio López), manifestaron a súa satisfacción polo acordo. Durante a sinatura, Feijóo incidiu en que o proceso de implantación realizarase sobre dous piares básicos: a colaboración, xa que a planificación destas titulacións e todo o seu proceso de implantación se realizará de xeito consensuado e dialogado; e o equilibrio territorial, “porque serán os títulos máis accesible dos que se imparten en Galicia”, matizou.

Publicidade

A memoria de verificación do grao, que será única para as tres universidades asinantes, contemplará un plan de estudos cunha duración de catro anos (240 créditos ECTS), tendo en conta para as posibles orientacións as capacidades do profesorado dispoñible e a especialización de cada campus. Así, os títulos impartiranse nos centros onde actualmente estanse a ofertar os graos en Enxeñaría Informática en cada unha das universidades: na Escola Técnica Superior de Enxeñaría da USC; da Escola Superior de Enxeñaría Informática do Campus de Ourense e na Facultade de Informática da Coruña.

O primeiro e segundo cursos serán comúns ás tres universidades e no terceiro e cuarto cada universidade ofertará itinerarios/orientacións/intensificacións diferentes que terán en conta as capacidades do profesorado dispoñible e a especialización dos campus.

O acordo asinado subliña a necesidade de “manter unha visión de conxunto á hora de decidir sobre a aprobación e a implantación territorial das novas titulacións” e recolle que a planificación conxunta da oferta do SUG será acordada entre a Xunta de Galicia e as universidade de Santiago, A Coruña e Vigo. No caso específico de Intelixencia Artificial “considérase importante garantir o equilibrio territorial que facilite o acceso máis xeneralizado posible a este tipo de estudos tendo en conta a súa influencia económica e social nos vindeiros anos”.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Investigadores de Vigo proban con éxito un deseño de antena para un vehículo lunar

O dispositivo facilitará o sistema de comunicación durante as incursións das covas atopadas no satélite

Daniel Rey, director do CIM: “Queremos atraer as mellores científicas e científicos do mundo”

O centro vigués sitúase entre os mellores centros de investigación oceanográfica internacional

Un tratamento da USC para deixar de fumar logra a abstinencia do 77% de participantes

O estudo demostra que o uso de recursos tecnolóxicos, como as videochamadas e aplicacións móbiles, son efectivos para abandonar o tabaco

O festival científico CinVigo encheu a Porta do Sol de ciencia e ilusión

Participaron máis de 220 alumnos de Secundaria, Bacharelato e FP que presentaron 58 proxectos na feira celebrada na cidade olívica