Sábado 20 Abril 2024

Galicia, quinta rexión de España con maior produción científica

A asociación CRUE Universidades Españolas publicou recentemente o seu informe A universidade española en cifras 2015/2016, no que recolle máis de 900.000 datos procedentes das institucións educativas de toda España. Entre moitas outras afirmacións, o documento sinala que Galicia é a quinta rexión do Estado con maior produción científica, só por detrás de Madrid, Cataluña, Andalucía e Valencia, e por diante do País Vasco, cun total de 3.408 documentos publicados durante 2015.

En canto ás universidades, a USC é a única galega entre as 10 primeiras. Está xusto na 10ª posición, con 15.436 documentos publicados entre 2006 e 2015. A UVigo está no posto 20º, con 8.585, e a UDC no 34º, con 4.988.

Publicidade

USC, a quinta con máis patentes

O informe de CRUE destaca tamén a “notable mellora nos comportamentos innovadores” das universidades, que triplicaron as patentes nacionais realizadas desde hai dez anos. Así, a USC está na quinta posición con 204 patentes entre 2010 e 2015. A UVigo tamén obtén un posto destacado: o 10º, con 134.

Podes consultar o informe completo aquí:

A Universidade Española en cifras 2015/2016.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O primeiro informe experimental dos granulados revela novas substancias

O grupo de investigación de Química Analítica Aplicada da UDC confirma a presenza maioritaria de Tinuvin, un estabilizante de luz ultravioleta

Os retos do coñecemento

Artigo do reitor da Universidade de Vigo con motivo do décimo aniversario de Gciencia

“O nivel de carga dos parques eólicos xa non é asumible no espazo natural”

O Consello da Cultura Galega esixe a paralización das 275 instalacións en trámite ata a revisión do plan eólico

Dificultan as patentes o acceso aos medicamentos? Novo encontro das Regueifas de Ciencia

Vicente Ortún, Félix Lobo, Xosé María Torres e Vanessa López debaterán o vindeiro xoves 23 sobre un asunto de actualidade por mor das vacinas da Covid-19