Sábado 20 Abril 2024

Premio para os dous galegos que entraron no ‘top 5’ do MIR

Miguel Villamarín Melio e Lucía Rodríguez Rodríguez, graduados en Medicina pola Universidade de Santiago de Compostela, foron galardoados nos VI Premios MIR organizados pola Fundación Uniteco Profesional e nos que colabora a Fundación CTO. Estes premios recoñecen os 25 postulantes que mellor resultado obtiveron en 2018 nas probas de acceso a Médico Interno Residente (MIR) e nos que Miguel quedou 2º no MIR e mellor exame e Lucía acadou o 4º posto. Ao acto, celebrado en Madrid, acudiu tamén o decano da Facultade compostelá, Julián Álvarez Escudero. 

Nesta convocatoria presentáronse máis de 14.000 graduados en Medicina para algo máis de 6.000 prazas ofertadas en hospitais e centros de saúde públicos de toda España. E entre os 25 primeiros hai graduados en Medicina de 17 universidades diferentes de todo o territorio estatal, destacando a Complutense con 5 alumnos dentro do ránking. Séguenlle as Universidades de Santiago, Murcia, Navarra e Autónoma de Madrid, con dous estudantes cada unha.

Publicidade

Os Premios á Excelencia MIR están organizados pola Fundación Uniteco Profesional da axencia de seguros homónima especializada na xestión de riscos para médicos e cuxa función principal é acompañar os profesionais sanitarios na súa carreira profesional.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Os bebés expostos ao tabaco teñen maior probabilidade de consumir antibióticos

Un estudo galego analiza os factores asociados ao consumo deste medicamento cunha mostra de 18.882 mulleres

As feces dos osos da cordilleira Cantábrica falan… e teñen boas noticias

Un estudo no que participa a USC investiga o estado actual de saúde destes exemplares para impulsar a recuperación das poboacións

A historia da primeira industria galega que empregou a máquina de vapor

Un estudo da USC analiza ‘La Victoria’, a descoñecida fábrica de fundición e louza da Coruña creada en 1844

Este mecanismo dana a capa dos nervios en doenzas como a esclerose múltiple

O estudo realizado por un equipo de investigación do CiMUS publícase este venres na prestixiosa revista ‘Science Advances'