Facultade de Ciencias de Ourense, onde se imparte o grao de Tecnoloxía e Ciencia dos Alimentos, un dos 75 mellores do mundo. Fonte: Facebook da facultade.

Facultade de Ciencias de Ourense, onde se imparte o grao de Tecnoloxía e Ciencia dos Alimentos, un dos 75 mellores do mundo. Fonte: Facebook da facultade.

As tres facultades galegas que tamén están entre as 200 mellores do mundo

A UVigo en Tecnoloxía e Ciencias dos Alimentos (51-75) e Oceanografía (101-150) e a UDC, en Enxeñaría Civil (151-200) destacan no ránking de Shangái

Este mércores a USC daba conta da presenza da Facultade de Veterinaria do Campus Terra entre as 100 mellores do mundo no seu eido, segundo a clasificación ARWU, tamén coñecido como ránking de Shangái. Do mesmo xeito, a USC figuraba, a nivel global, entre as 500 máis destacadas do mundo, e tamén con 17 áreas de coñecemento que aparecían nesta selección.

O grao de Tecnoloxía e Ciencias dos Alimentos, impartido en Ourense, é o único galego entre os 75 mellores do mundo

Porén, non é a única institución académica galega que sobresae nesta lista. Unha mirada a fondo á clasificación tamén amosa que outras tres facultades están entre as 200 mellores do mundo segundo o ARWU, o indicador máis prestixioso na actualidade para avaliar o desempeño dos centros de ensino superior.

Así, a Universidade de Vigo está entre as 75 mellores no eido de Tecnoloxía e Ciencias dos Alimentos, grao que se imparte no campus de Ourense, e no intervalo 101-150 en Oceanografía. A Universidade da Coruña colócase tamen no bloque das 200 mellores na área de Enxeñaría Civil, correspondente coa Escola Técnica Superior de Enxeñaría de Camiños, Canais e Portos.

Outras 13 áreas nas 500 mellores

Ademais das 17 áreas destacadas da USC, a UDC (2) e a UVigo (11) sitúan outras 13 áreas de coñecemento entre as 500 mellores que recolle o ránking de Shangái. Son estas, segundo o intervalo no que aparecen.

201-300: Enxeñaría Química, Enxeñaría de Materiais e Enxeñaría Eléctrica e Electrónica (as tres da UVigo).

301-400: Biotecnoloxía, Ciencias Agrícolas, Química, Ciencias da Terra, Ecoloxía e Ciencias Atmosféricas (todas da UVigo).

401-500: Informática e Farmacia e Ciencias Farmacéuticas (as dúas da UDC), e Ciencias da Terra, Enxeñaría da Enerxía e Enxeñaría Medio Ambiental (as tres da UVigo).

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.