Case 40 científicos da USC, entre o 2% dos máis citados do mundo

Os catedráticos María José Alonso, de Farmacia, e Juan José Nieto, de Matemáticas, figuran nas posicións máis destacadas

Juan José Nieto e María José Alonso, catedráticos da USC que destacan entre os máis citados na lista elaborada pola Universidade de Stanford, a organización SciTech Strategies e a empresa Elsevier. Fotos: RAGC/USC.
Juan José Nieto e María José Alonso, catedráticos da USC que destacan entre os máis citados na lista elaborada pola Universidade de Stanford, a organización SciTech Strategies e a empresa Elsevier. Fotos: RAGC/USC.

Un total de 39 investigadores e investigadoras da USC sitúanse entre o 2% dos científicos máis citados e influentes do mundo en 22 campos científicos e 176 subcampos. Así o establece a base de datos elaborada por John P. A. Ioannidis da Universidade de Stanford, xunto con Kevin W. Boyack de SciTech Strategies e Jeroen Baas da empresa Elsevier. O catedrático de Análise Matemática Juan José Nieto é o nome da USC que aparece na posición máis destacada, seguido da catedrática de Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica, María José Alonso.

Por campos científicos, a USC destaca en Medicina Clínica, así como no campo relativo a Física e astronomía, con oito investigadores respectivamente. Cinco son os investigadores destacados en Química; e catro, en Ciencias da Terra e medioambientais. En Economía e Negocios, a USC sitúa a tres investigadores, tal e como sucede en Agricultura, Pesca e Ciencias Forestais. Enxeñaría, o campo relativo a Matemáticas e Estatísticas, así como á Investigación Biomédica abarcan dous científicos da USC cada un; mentres que un científico da USC destaca en Bioloxía e outro en Tecnoloxías Estratéxicas.

Esta base de datos está integrada por preto de 160.000 científicos e científicas e proporciona información estandarizada sobre citas, índice h, índice hm axustado por coautoría, citas a artigos en diferentes posicións de autoría, así como un indicador composto. O conxunto de datos desta versión do ránking en permanente actualización, baséase na instantánea do 6 de maio de 2020 extraída da base de datos Scopus e constrúese a partir do estudo de oito millóns de autores de todo o mundo.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.