Martes 23 Abril 2024

Catro novos grupos de investigación no CiMUS de Santiago

O centro singular de investigación da USC crea os equipos científicos liderados por Pablo Aguiar, Diana Guallar, Ricardo Villa e Ashwin  Woodhoo

A aposta polo talento novo dentro da USC dá un novo salto cualitativo coa incorporación de catro grupos no Centro Singular de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas (CiMUS). Os equipos liderados por Pablo Aguiar, Diana Guallar, Ricardo Villa e Ashwin  Woodhoo, que coordinarán o traballo dunha vintena de científicos de formación multidisciplinar e transversal, permiten superar a barreira dos trinta grupos neste centro singular da USC, chegando a un total de 34. A procedencia galega, estatal e internacional dos novos investigadores principais demostra ademais a diversidade cultural e o perfil global do CiMUS.

Os catro xefes de grupo, todos eles con menos de 45 anos e diferentes recoñecementos pola relevancia do seu traballo, poñen de manifesto a estratexia deste centro singular da USC enfocada ao talento novo formado en diferentes puntos do mapa internacional. A modificación química do ARN e investigación de novas terapias con células nai; a bioquímica aplicada ao estudo de enfermidades cardiovasculares; comprender a  patoxénese de enfermidades do sistema nervioso para avanzar na súa prevención e tratamento; ou o camiño da medicina de precisión en enfermidades de alta prevalencia como cancro, Alzheimer ou Parkinson, son algunhas das liñas mestras dos novos grupos.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Este mecanismo dana a capa dos nervios en doenzas como a esclerose múltiple

O estudo realizado por un equipo de investigación do CiMUS publícase este venres na prestixiosa revista ‘Science Advances'

Nanotecnoloxía galega contra o tumor cerebral máis común

Un estudo da USC abre a porta a unha nova aproximación terapéutica que podería posibilitar un ensaio clínico nun prazo de tres anos

Yolanda Prezado: “Coa protonterapia erradicamos o 83% dos tumores en estudos preclínicos”

A científica galega referente en París incorpórase ao CiMUS para impulsar a investigación en Galicia da terapia con protóns

José Tubío: “Os científicos deberían saír á rúa como antes facían os predicadores”

O investigador aposta por crear departamentos de divulgación científica, converter a España nun país sen fume e priorizar o cambio climático polo seu impacto na saúde