Martes 16 Abril 2024

Unha nova calculadora científica inclúe por primeira vez o galego na súa configuración

Nun acto celebrado na USC tamén se anunciou a incorporación da imaxe da galega Ana Freire á colección #científicasCASIO

O novo modelo da calculadora científica ClassWiz, da marca Casio, inclúe por primeira vez o galego entre as súas opcións de configuración. Esta ferramenta está pensada por e para docentes, ofrecendo unha calculadora máis intuitiva e sostible. Así o explicaron esta mañá nun acto celebrado na Universidade de Santiago (USC) co gallo da conmemoración do mes das Matemáticas, que se estendeu ao longo de todo o marzo.

O acto tamén serviu para anunciar a incorporación da imaxe da galega Ana Freire, líder do Proxecto STOP (Suicide Prevention in Social Platforms), á colección de calculadoras #científicasCASIO, da que forman parte grandes nomes da historia como Ada Lovelace e Marie Curie. Deste xeito, o novo modelo de ClassWizz xa está dispoñible tamén coa ilustración da enxeñeira lucense, obra da artista galega Lula Goce.

Publicidade

A colección #científicasCASIO é unha homenaxe á muller nas matemátiacas e a informática

Esta colección, realizada en colaboración con 13 ilustradoras que decoraron as calculadoras ClassWiz coa imaxe de distintas científicas, pretende ser unha homenaxe ao significativo traballo da muller neste campo, explicou a decana da Facultade de Matemáticas, Elena Vázquez Cendón. “Esta é unha primavera das Matemáticas”, sinalou para despois poñer o foco na importancia de ter unha calculadora “que fala e fai”, en relación ao uso do galego. A decana cualificou o acto como “un broche de ouro” para o mes das Matemáticas e subliñou a importancia da implicación do alumnado e da proxección social que este programa de actividades supuxo para as Matemáticas.  

Xunto a ela, participaron na sesión o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García; François Vilaprinyó, director xeral de Casio en España; Julio R. Taboada, presidente da Asociación Galega de Profesores de Matemáticas (AGAPEMA); Cristina Naya, doutora en Matemáticas pola USC; Ana Freire, doutora e enxeñeira en Informática; e Eloy Bernal, responsable de comunicación da División Educativa de Casio España.

2 COMENTÁRIOS

  1. HAI QUE REMATAR DUNHA VEZ COA DUSCRIMINACIÓN
    DO GALEGO EN TÓDALAS FACETAS .

    O GALEGO DEBE ESTAR PRESENTE NAS ESCOLAS INFANTÍS E NOS INSTITUTOS COMO IDIOMA BASE .

    O GALEGO TEN QUE SER O IDIOMA QUE SE FALE E ESTUDIE NAS AULAS E NAS ESCOLAS .

    HAI QUE MERGULLARSE NO GALEGO !

  2. Unha pena que estea prohibida na educación secundaria, por que segundo a lei da Xunta está prohibido dar clases de Matemáticas en galego, non si?

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Ana Freire: “O noso algoritmo para detectar o suicidio ten un 85% de precisión”

A enxeñeira informática recibe o Premio Ada Byron por un proxecto sobre a identificación de tendencias suicidas en redes a través de intelixencia artificial

Ana Freire, Premio Ada Byron do Colexio de Enxeñaría Informática de Galicia

A enxeñeira, directora da área de Tecnoloxía da Barcelona School of Management da Pompeu Fabra, lidera un proxecto que estuda a saúde mental na rede

Morre Kazuo Kashio, creador das calculadoras e reloxos Casio

Presidente de Casio Computer, creou a primeira calculadora científica compacta do mundo