Sábado 20 Abril 2024

Santiago e A Coruña queren implantar xuntas o grao en Paisaxe

Os reitores das universidades de Santiago e da Coruña, Juan Viaño Rey e Julio Abalde Alonso, asinaron este luns 18 unha declaración de intencións para o deseño e implantación do grao en Paisaxe, primeiro de interuniversitario de Galicia logo da implantación do Espazo Europeo de Educación Superior. Nun acto no Pazo de Mariñán, á sinatura protocolaria deste acordo asistiron tamén a conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato Otero, e o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez González.

Segundo o documento asinado, para a elaboración da memoria de verificación do futuro título constituirase unha comisión académica formada por dez membros das distintas áreas de coñecemento implicadas que proporán de xeito equitativo cada universidade. A comisión continuará cos traballos realizados dende o pasado mes de marzo polo grupo de traballo integrado por profesorado da Escola Politécnica Superior e a Facultade de Xeografía e Historia da USC e a Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña.

Publicidade

Sosteñen que a titulación é unha demanda do tecido económico e social de Galicia

A execución desta declaración e os aspectos relacionados co desenvolvemento da xestión académica e administrativa do título será o cometido da comisión de seguimento do acordo. Constituírana os vicerreitores de cada universidade con competencias en materia de titulacións, dous representantes de cada universidade e un representante da Secretaria Xeral de Universidades. 

O conselleiro de Educación destacou que a proposta avanza no novo mapa de titulacións únicas, singulares e adaptadas á evolución do tecido económico e social de Galicia e á especialización dos campus. Segundo a administración autonómica, este novo grao podería estar en disposición de incorporarse á oferta académica no curso 2018-2019.

1 comentario

  1. Se o Grao en Paisaxe chegara a ser realidade algún día, propóñolles que declaren Parque Natural O Courel e realicen alí as prácticas da titulación para que aprendan como a man do home foi quen de chegar á simbiose perfecta coa natureza nas aldeas da serra do Courel. Pero senon apuran xa non imos ter NADA QUE CONSERVAR ! http://www.slideshare.net/Narei/o-courel-2016

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un equipo da UDC patenta un sistema pioneiro que mide a postura vertebral en tempo real

Investigadores do CITENI crean unha tecnoloxía non invasiva e de baixo custo para mellorar o diagnóstico e tratamento das doenzas da columna

Si, pódese crear acuarela con bacterias: a UDC impulsa a divulgación a través da arte

CICAGallery estrea a súa primeira edición con cinco artistas que convivirán con distintos grupos de investigación da universidade

Como medir as estrelas para revelar os misterios da Vía Láctea

Os investigadores do CITIC Xabier Pérez e Lara Pallas participan na misión Gaia, que pretende crear o maior mapa 3D da nosa galaxia

Unha científica galega secuenciará o xenoma da ‘herba de namorar’

A especie 'Armeria pungens' está presente nas illas Cíes, o único lugar de Galicia onde se pode atopar