Reunión do Consello de Goberno da Uvigo.
Reunión do Consello de Goberno da Uvigo.

As mulleres copan os premios extraordinarios de fin de carreira na UVigo

Case un cento de estudantes da Universidade de Vigo pasarán a engrosar o vindeiro 28 de xaneiro a nómina de alumnos e alumnas “extraordinarios”, integrada polos galardoados e galardoadas cada curso cos premios extraordinarios de grao, doutoramento e fin de carreira. Como paso previo á entrega destes recoñecementos, que terá lugar no acto que se celebrará o vindeiro 28 de xaneiro co gallo da festividade de San Tomé de Aquino, o Consello de Goberno celebrou este luns unha sesión extraordinaria na que aprobou outorgar un total de 91 premios: 50 de grao, 34 de doutoramento e sete de fin de carreira.

Un curso máis as mulleres copan máis da metade dos premios, concretamente un 58%, fronte aos homes que recibirán o 42% restante. No caso dos premios extraordinarios de grao as alumnas recibirán un total de 30 e os alumnos 20, unha tendencia que se mantén nos caso dos tres campus de xeito que dos 28 galardoados en Vigo 15 son mulleres e 13 homes, mentres que dos 13 premios de Ourense oito son para mulleres e cinco para homes e en Pontevedra dos nove premiados, sete son mulleres e dous homes.

Nas teses doutorais, 21 premios recaeron en mulleres e os 13 restantes en varóns

Respecto dos premios extraordinarios de doutoramento, 21 recaeron en mulleres e os 13 restantes en varóns. Por ámbitos, o número de premiadas tamén supera ao de premiados en todos os casos (sete mulleres e cinco homes en Ciencias, seis mulleres e dous homes no Xurídico-Social e seis mulleres e catro homes no de Enxeñaría e Arquitectura), agás no de Artes e Humanidades no que os catro galardóns se reparten por igual entre doutoras e doutores. É nos premios extraordinarios fin de carreira onde o número de homes é maior que o de mulleres, cinco fronte a dous, quedando distribuídos por campus do seguinte xeito: Ourense, un home e unha muller e Vigo, catro homes e unha muller.

os e os premiados recibirán como recoñecemento ao seu esforzo o vindeiro 28 de xaneiro no acto que se celebrará ás 12 do mediodía no salón de actos da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais as medallas e insignias da Universidade.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.