Venres 19 Abril 2024

As fotos da Vía Láctea como guía para peregrinos

Inaugúrase no Colexio de Fonseca a exposición coas espectaculares imaxes de Daniel Llamas e de Daniel Lois

A mostra fotográfica ‘Vía Láctea, guía de Peregrinos a Galicia’ reúne 40 láminas gran formato realizadas en aluminio seleccionadas do libro editado por Lúdica7 Galicia un lugar mágico para contemplar las estrellas.

As fotografías realizadas por Daniel Llamas e Daniel Lois mostran a aparición da Galaxia dende diferentes lugares únicos de Galicia. A exposición foi inaugurada no claustro alto do Colexio de Fonseca da USC onde se poderá visitar ata o próximo día 26 de setembro.

Publicidade

A exposición está comisariada por Alfonso Freire, editor do libro de Lúdica7, e pola escritora e catedrática de Matemáticas María Victoria Veguín Casas, autora de La Vía Láctea Camino de dioses, almas y peregrinos, que serviu de fío condutor para este nova proposta expositiva, integrada nos actos promocionais do Xacobeo 21.

Un aspecto da exposición inaugurada no Colexio de Fonseca, en Compostela.

En opinión dos seus comisarios, trátase dunha “proposta pioneira por canto reflexiona sobre a importancia que ao longo da historia tivo a Vía Láctea como guía dos peregrinos a Compostela para ver e honrar a tumba do Apóstolo”. Alfonso Freire e María Victoria Veguín lembran como xa dende a publicación do Códice Calixtino esta galaxia foi “unha mancha blanquecina que os peregrinos observaban no seu camiñar a Galicia”.

A proposta fotográfica de Daniel Llamas e Daniel Lois, engaden os comisarios, é ademais unha invitación a “reflexionar sobre a necesidade de non perpetuar a contaminación lumínica no Camiño de Santiago, desenvolvendo accións en favor do ceo nocturno e da observación de estrelas”.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

00:03:30

I de ‘Inventio’: como o descubrimento da tumba do Apóstolo fixo marca Galicia

A partir do século IX Santiago de Compostela converteuse nun centro europeo económico e relixioso clave pola peregrinación xacobea
00:03:09

A de Afonso VIII: o rei que morreu facendo o Camiño

O último monarca da Galicia Altomedieval refundou a cidade da Coruña, inaugurou o corpo románico da catedral e convocou as primeiras cortes de Europa

A historia das peregrinacións a Galicia, escrita nunha cuncha de vieria

O investigador Patxi Pérez Ramallo bota luz sobre a historia antropolóxica do Camiño de Santiago co estudo co maior número de peregrinos medievais ata o momento

O parque eólico Picato: 13 aeroxeradores a 800 metros do Camiño Primitivo

Grupos ecoloxistas denuncian que a instalación afectará a unha decena de bens culturais e, entre eles, á muralla de Lugo