Venres 19 Abril 2024

Ángel Carracedo abre Xuvenciencia con 133 estudantes en Lugo

A cuarta edición do campus de verán  Xuvenciencia Lugo, un programa organizado e promovido polo profesorado do Campus Terra da USC en colaboración coa Vicerreitoría de Coordinación, amosará a oferta docente e os recursos e servizos de I+D+i da sede universitaria luguesa a 133 estudantes de ensinanzas preuniversitarias procedentes de centros educativos das catro provincias galegas e mesmo do resto de España e de Portugal.

O acto inaugural do Xuvenciencia.
O acto inaugural do Xuvenciencia.

O vicerreitor de Coordinación do campus de Lugo, Javier Bueno Lema; a alcaldesa do Concello de Lugo, Lara Méndez; o coordinador do Programa A Ponte, Francisco Javier López González; e a profesora na Facultade de Ciencias da USC e coordinadora deste programa, Mercedes Novo, abriron este luns o programa deste campamento preuniversitario científico, técnico e social no marco dunha sesión inaugural desenvolvida no auditorio da Facultade de Veterinaria de Lugo, onde moitos dos rapaces gozaron da súa primeira experiencia universitaria.

Publicidade

Ao remate desta sesión de benvida, o catedrático da USC Ángel Carracedo ofreceu unha charla divulgativa que se desenvolveu baixo o título ‘Xenes, linguas e historia’. Os estudantes inscritos nesta nova edición do campus de verán Xuvenciencia Lugo participaron ademais nesta primeira xornada nunha xincana nas inmediacións da Biblioteca Intercentros da sede universitaria luguesa.

Visitarán o castro de Viladonga, a estación do Courel e o hospital Lucus Augusti

O éxito desta nova edición do campus de verán Xuvenciencia Lugo maniféstase na alta demanda de alumnos: das 200 solicitudes os organizadores seleccionaron os candidatos para cubrir as 130 prazas ofertadas. Ademais, habilitouse unha nova edición dun módulo de expertos ou veteranos, especialmente orientado a estudantes que participaron en edicións anteriores, que inclúe novas actividades como unha ruta e talleres na Estación Científica do Courel, unha visita ao Hospital Universitario Lucus Augusti, un taller de modelado e impresión 3D ou unha visita e talleres no Castro de Viladonga.

O Campus de Verán XuvenCiencia 2016 inclúe máis de 50 talleres, visitas e demostracións e 27 proxectos en todas as áreas do coñecemento, que son realizados por máis de 100 docentes da USC, así como persoal técnico de todos os centros do Campus Terra. Tamén conta coa colaboración de centros públicos, como o Laboratorio de Sanidade e Produción Animal de Galicia ou o Centro de Empresas e Innovación Nodus, e empresas privadas, como AMSlab.

O alumnado novo pode elixir entre numerosas actividades nas diversas áreas do coñecemento, como demostracións de química e robótica, talleres de clínica veterinaria, nutrición, roles de xénero, traballo en equipo, técnicas agrícolas…, visitas ao Hospital Veterinario Rof Codina ou á Aula de Produtos Lácteos e Tecnoloxías Alimentarias.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Os bebés expostos ao tabaco teñen maior probabilidade de consumir antibióticos

Un estudo galego analiza os factores asociados ao consumo deste medicamento cunha mostra de 18.882 mulleres

As feces dos osos da cordilleira Cantábrica falan… e teñen boas noticias

Un estudo no que participa a USC investiga o estado actual de saúde destes exemplares para impulsar a recuperación das poboacións

A historia da primeira industria galega que empregou a máquina de vapor

Un estudo da USC analiza ‘La Victoria’, a descoñecida fábrica de fundición e louza da Coruña creada en 1844

Este mecanismo dana a capa dos nervios en doenzas como a esclerose múltiple

O estudo realizado por un equipo de investigación do CiMUS publícase este venres na prestixiosa revista ‘Science Advances'