Martes 16 Abril 2024

A USC reimprime ‘Astronomía a ollo ceibe’ de Ramón Mª Aller

Editada en 2016, en coedición coa Xunta de Galicia, e axiña esgotada, o Servizo de Publicacións da USC novamente en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística acaba de reimprimir o libro Astronomía a ollo ceibe , coincidindo co LXXV aniversario en 2018 do Observatorio Astronómico Ramón María Aller.

Cuberta de ‘Astronomía a ollo ceibe’.

Astronomía a ollo ceibe é a tradución galega da obra divulgativa Astronomía a simple vista –publicada orixinalmente en 1948 e reeditada facsimilarmente pola USC en 1998 e 2014- de autoría do astrónomo, matemático e fundador do Observatorio Astronómico da USC, o catedrático Ramón María Aller Ulloa (1878-1966). A edición galega, ademais dun considerable esforzo de adaptación léxica, conceptual e estilística a prol dunha magnífica obra de iniciación á astronomía en lingua galega, representou tamén, cando se editou por vez primeira en 2016, unha homenaxe á dimensión humana e científica do seu autor, con ocasión do quincuaxésimo aniversario do seu pasamento. Nesta obra, Ramón M. Alller quixo lembrar os seus comezos de astrónomo a simple vista e facilita ao afeccionado un libro senlleiro entre os de divulgación astronómica.

Publicidade

Como explica o coordinador e responsable da revisión científica da obra, o profesor José Ángel Docobo, a denominación do libro provén do título que se lle ía dar a unha obra de divulgación que o Seminario de Estudos Galegos lle encargara a Ramón María Aller e cuxa presentación, segundo a prensa da época, estaba prevista para 1936 pero nunca chegou a producirse.

E aquí podes ler a nosa reportaxe sobre Ramón María Aller:

Ramón María Aller, o pai de catro estrelas galegas

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

LIA (2), pioneiros galegos no desenvolvemento da intelixencia artificial na astronomía

O grupo da UDC recibiu o Premio Spin-Off PuntoGal na edición 2023 pola súa traxectoria de éxito

Un novo exoplaneta desafía as teorías clásicas de formación planetaria

Un equipo de astronónomos descobre LHS 3154b, cunha masa similar a Neptuno, orbitando preto dunha estrela anana de moi baixa masa

Descubertos seis exoplanetas que ‘bailan’ de forma sincronizada arredor da súa estrela

Os planetas posúen unha configuración que apenas cambiou desde hai máis de mil millóns de anos

Begoña Vila: “Atoparemos probabilidades de vida noutro planeta”

Co gallo do décimo aniversario de Gciencia, a astrofísica da NASA analiza a divulgación dos achados cósmicos e a busca de vida intelixente