Santiago colaborará coa Universidade de Tifariti, nos campos de refuxiados saharauis

Campos de refuxiados saharauis en Alxeria.

O reitor Juan Viaño e o seu homólogo da Universidade de Tifariti de Sáhara Occidental, Jatari Hamudi, asinaron este mércores un protocolo de cooperación cultural, científica e pedagóxica entre ambas institucións académicas. O obxectivo principal é promover o desenvolvemento e difusión da cultura e, en especial, do ensino superior de grao e posgrao e a investigación científica e tecnolóxica.

Os reitores Juan Viaño e Jatari Hamudi, en primeiro termo, logo do acto de sinatura. Foto: Servimav-USC
Juan Viaño e Jatari Hamudi.

O protocolo contempla que ambas institucións colaboren no futuro no intercambio de profesorado, persoal investigador e estudantado, así como na formación de docentes e investigadores, intercambio de información, cursos de grao e posgrao, así como na realización de seminarios, conferencias, coloquios, encontros ou xornadas e en publicacións e proxectos científicos. A vixencia inicial do acordo estenderase para os vindeiros catro anos.

A Universidade de Tifariti, con sede nos Campamentos de Refuxiados Saharauis en Tindurf, fundouse en 2012 e conta con aproximadamente medio millar de estudantes, repartidos en catro centros de Educación (dedicado á formación de mestres), Informática, Enfermaría e o Instituto Nacional de Xornalismo. Como explicou o seu reitor, a de Tifariti é unha “universidade incipiente, en circunstancias difíciles, que precisamos de colaboracións como a que acabamos de subscribir coa USC”. A USC súmase deste xeito á outras 23 universidades coas que a institución saharaiu mantén colaboración, ademais de con outras sete de América latina, dúas de Estados Unidos, outra de Italia e catro de Alxeria.

Conferencia
Ademais do protocolo e dunha xuntanza previa coa vicerreitora de Internacionalización, Almudena Hospido, o reitor Jatari Hamudi pronuncia este mesmo mércores unha conferencia organizada polo Centro de Estudos sobre o Sáhara Occidental que dirixe o profesor Carlos Ruíz Miguel e que comeza ás 18.00 horas no Salón de Graos da Facultade de Dereito. O profesor Hamudi falará sobre o dereito á educación na República Saharaui.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.