Venres 29 Marzo 2024

A USC comeza as actividades do Ano Internacional da Táboa Periódica

A Facultade de Química deseña unha programación para lembrar a grande obra colectiva da humanidade creada por Mendeléiev

A Facultade de Química da USC iniciou este mércores o seu particular programa de actividades conmemorativas do Ano Internacional da Táboa Periódica dos Elementos Químicos durante todo 2019. A facultade compostelá súmase así á da UNESCO con motivo do 150 aniversario do recoñecemento das propiedades periódicas dos elementos e os seus compostos, propostas polo científicos ruso Dimitri Mendeléiev en 1869.

O obxectivo desta iniciativa é recoñecer a función esencial que desempeñan os elementos químicos e, por extensión, a ciencia química para o desenvolvemento sostible e para o progreso da humanidade.

Publicidade

As celebración da USC comezaron este mércores coa conferencia impartida polo profesor da Universidade de País Vasco Pascual Román Polo titulada ‘Mitoloxía e arte na táboa periódica dos elementos químicos’ e coa posterior inauguración da exposición sobre a evolución da Táboa Periódica ao longo dos anos, presente na entrada do centro ao longo de todo o ano.

Un detalle da mostra sobre a táboa periódica.

Nesta sesión inaugural interviñeron do vicerreitor de Planificación e Proxección Estratéxica, Gumersindo Feijoo Costa; a decana da Facultade, Pilar Bermejo Barrera; e o o subdirector xeral de Ordenación e Innovación Educativa e Formación do Profesorado, Iván Mira Fernández.

O programa de actividades irase completando con diversas accións dirixidas tanto ao alumnado de todos os niveis educativos, dende ESO ata ciclo formativos e bacharelato, como para o universitario. Entre outras, xa están previstas un concurso sobre a táboa periódica e Galicia, outro sobre fotografía de alcance nacional ou sobre proxectos educativos e de ciencia na rúa, entre outros. Na web da Facultade de Química iranse mostrando de forma permanente a relación de todas as actividades que se vaian programando.

Aínda que no século XIX xa existían algunhas formas de ordenación dos 63 elementos químicos que se coñecían entón, o grande avance da proposta de Mendeléiev foron os criterios que utilizou para a súa organización tendo en conta o número atómico e as propiedades. Isto permitiu, por unha banda, poder ir engadindo os elementos descubertos posteriormente –na actualidade hai recoñecidos 118- e, por outra, poder predicir a existencia de posibles novos elementos químicos na terra ou no resto do universo.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

00:05:00

O amor, unha cuestión de química?

Substancias químicas como a dopamina espertan o desexo que podemos sentir por alguén, pero só uns vínculos profundos garanten unha relación duradeira

Estas son as substancias químicas que nos engordan e si, están por todas partes

Certos compostos dos envases, cosméticos, deterxentes ou dos propios alimentos poden ter un papel no aumento do sobrepeso e da obesidade na poboación

Documentos avalan que Rosalind Franklin foi esencial para o descubrimento da estrutura do ADN

Un artigo publicado por Nature demostra que a química colaborou en "pé de igualdade", proporcionando datos cruciais e verificando o resultado

Galicia avanza para contar cos seus propios medicamentos CAR-T nos próximos anos

A finais de ano abrirá un centro de produción en Santiago e un proxecto de investigación traballa para aplicalos en tumores sólidos