Venres 29 Marzo 2024

A USC abre unha Unidade Psicolóxica para estudantes ante a pandemia

O nova estrutura universitaria atenderá ao alumnado e porá en marcha estratexias para superar as problemáticas advertidas

A USC activa unha Unidade de Atención Psicolóxica para prestar axuda ao estudantado que a precise. Esta nova dotación asistencial, que se encadra no marco de actuacións dirixidas a paliar os efectos da pandemia producida pola Covid-19, está coordinada pola profesora do Departamento de Psicoloxía Clínica e Psicobioloxía Ana López Durán

O novo servizo gratuíto de atención psicolóxica ao alumnado da USC botará a andar de xeito telemático nesta primeira fase, durante a que o estudantado da USC que o precise poderá canalizar as consultas a través do enderezo de correo electrónico atencionpsicoloxica@usc.gal. As demandas trasladadas polo alumnado a este servizo serán atendidas por dúas psicólogas xerais sanitarias coordinadas pola profesora López Durán.

Publicidade

A posta en marcha desta estrutura universitaria corrobora a sensibilidade e a cada vez maior preocupación da institución académica polo benestar psicolóxico dos/as estudantes. Daquela este novo servizo ten como fin servir de axuda á mocidade estudantil que estea a sufrir problemas ou se atope en calquera situación de risco asociada ás problemáticas, cambios ou esixencias sociais e académicas que se teñen visto incrementadas pola pandemia por Covid-19.

“O obxectivo pasa por traballar a prol do benestar psicolóxico do alumnado da USC coa fin de ofrecerlle todos os recursos necesarios para que poida afrontar con apoio as esixencias académicas e persoais que se lles poidan presentar na actual conxuntura sociosanitaria”, explica López Durán.

Ademais de abordar as demandas plantexadas polo alumnado, engadiu López Durán, traballarase tanto na elaboración de materiais como na organización de talleres e actividades que resulten útiles e favorezan a aprendizaxe de estratexias axeitadas para facer fronte aos problemas manifestados pola comunidade estudantil.

A Unidade de Atención Psicolóxica, funcionalmente dependente do Responsable Covid da institución, prestará atención á mocidade universitaria na situación excepcional derivada da pandemia. O novo servizo constitúe unha ferramenta de apoio para superar os problemas psicolóxicos que se poden dar durante no período que comprende a etapa universitaria. A maioría do alumnado universitario atópase xa de por si nunha etapa vital e nun momento evolutivo complexo, polo que en moitas ocasións é precisa a aprendizaxe de novas estratexias de adaptación para poder afrontar todos os cambios que están a experimentar, relata López Durán.

Se a estes cambios se suman as complicacións producidas pola pandemia, a axuda psicolóxica pode resultar determinante. De feito, este tipo de intervencións poden previr que as dificultades actuais se convertan no futuro en problemas máis graves, sinala a coordinadora do servizo de atención psicolóxica ao alumnado creado pola USC.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un equipo galego sinala os lípidos en sangue como biomarcadores de covid persistente

Investigadores do CiQUS ofrece unha nova perspectiva sobre a natureza desta enfermidade e abre a porta a diagnósticos e tratamentos máis específicos

O pico de gripe en Galicia adiántase á semana de Reis: “Estamos no punto de maior incidencia”

Segundo os últimos datos do Sergas, o número de persoas ingresadas polo virus respiratorio é de 904, dos que 42 están en UCI

Así funciona a mente dun psicópata

Como funciona o cerebro destas persoas? Investigadores da Universidade Internacional da Rioja analizan o seu comportamento

A gripe, nunha “elevada pendente”: Galicia achégase ao pico de infeccións respiratorias

O epidemiólogo da USC Juan Gestal sostén que a covid-19 mantén unha tendencia estable. O virus respiratorio sincitial (VRS) anota un aumento contaxios