Reunión en Teherán dos representantes da USC.
Reunión en Teherán dos representantes da USC.

A Universidade de Santiago busca en Irán acordos de colaboración

Unha ampla delegación da USC reúnese esta semana en Irán con responsables das institucións de educación superior dese país. A Universidade de Santiago mantén unha estreita colaboración con institucións educativas iranianas no eido da investigación e do intercambio de coñecemento en múltiples disciplinas, con especial atención ao ámbito das ciencias da vida.

Ademais do reitor Juan Viaño, viaxaron a Teherán as vicerreitoras de Internacionalización e de Investigación así como, entre outros, responsables de diversos servizos da USC, do CIBUS, CiQUS, CiTUS, Idis, Escola de Doutoramento, da Facultade de Medicina e Odontoloxía e da ETSE.

teherán santiago

Esta visita prodúcese meses despois dun primeiro contacto en Compostela na busca de novas vías que fortalezan e amplíen as relacións existentes no eido da investigación e o intercambio de persoal á vez que se identifiquen novos campos. Na actualidade mantéñense convenios bilaterais activos coas universidades de Teherán, Amirkabir de Tecnoloxía, Sharif de Tecnoloxía e coa de Ciencias Médicas de Teherán.

Precisamente, ao longo desta semana o grupo da USC mantén tamén encontros con persoal científico e con alumnado interesado en programas de intercambio. En concreto, ademais das oportunidades que ofrecen os convenios bilaterais, profundarán nas posibilidades do Erasmus Mundus Marhaba, o programa de cooperación e mobilidade que lidera a USC dotado con 3 millóns de euros. Grazas a este programa creouse a rede IRIUC, un consorcio no que participan as cinco mellores universidades da República Islámica de Irán.

O proxecto Marhaba ten por obxectivo unha maior colaboración entre a UE e as institucións de Asia para a mobilidade de estudantes e persoal e a mellora da transparencia e a empregabilidade.  Este Erasmus Mundus promove a mobilidade de 125 estudantes e persoal universitario entre a UE e Irán, Irak e Yemen nun marco de colaboración que inclúe unha representación equilibrada de nove universidades asiáticas (5 en Irán e 4 no Kurdistán) e outras tantas europeas (España, Francia, Alemaña, Italia, Reino Unido, Portugal, Polonia e Bulgaria). Nestes momentos, para a convocatoria do presente ano só a USC ten recibidas 303 candidaturas de mobilidade de estudantes, persoal investigador e de administración e servizos.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.