Máscaras, desconfinamento, Covid 19... a crise da pandemia deixa moitas novas palabras no dicionario.

A UDC, nun proxecto sobre a reacción das persoas ante a pandemia

Investigadores da Coruña especialistas en Psicoloxía Social analizan como encaixa cada cultura a situación de emerxencia que vivimos

Os investigadores da Universidade da Coruña Miguel Clemente Díaz, Pablo Espinosa Breen e Adela Reig Botella, especialistas en temas de  Psicoloxía Social no grupo de investigación en Criminoloxía, Psicoloxía Xurídica e Xustiza Penal no Século XXI, codirixen conxuntamente con investigadores da Universidad Nacional Mayor de San Marcos, de Lima (Perú) un estudo para verificar as repercusións psicosociais sobre a COVID-19.

O profesor Miguel Clemente explica o motivo da análise de como distintas persoas de diferentes culturas reaccionan ante a pandemia producida pola COVID-19. “Ante unha situación de alarma por un problema vírico, as sociedades reaccionan tratando de protexer a súa saúde para evitar contaxiarse e isto conleva unha serie de cambios na forma de comportarse, de comprender as accións dos demais e no estado de ánimo”, xustifica.

Miguel Clemente.

Así, no estudo, ademais de verificar os coñecementos existentes sobre a pandemia, os investigadores medirán ata que punto as persoas se cren responsables dos problemas sobrevidos pola pandemia ou pensan que estes se desenvolven á marxe das súas accións, se as accións que obrigan a tomar lles supoñen unha reacción en contra ou a favor e como reaccionan ante a adversidade, é dicir, a capacidade de resiliencia.

A este proxecto estanse a unir universidades doutros países, e está previsto recoller información de Francia, Italia e China. De momento, a investigación está centrada en recabar datos a través de enquisas anónimas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.