Xoves 25 Abril 2024

A Selectividade adíase sen data pola crise do coronavirus

Ministerio, Xunta e reitores acordan manter as probas, pero a data dependerá de cando remate a situación de emerxencia

Haberá Selectividade, pero non nos prazos inicialmente previstos. A proba de acceso á Universidade, EBAU, atrasarase. Así o decidiron este martes o Ministerio de Educación, o Ministerio de Universidades, a Conferencia de Reitores e as Comunidades Autónomas nunha reunión telemática que durou máis de seis horas. Uns 300.000 estudantes de segundo de Bacharelato estaban pendentes desta proba. Uns 12.000 alumnos galegos poderían concorrer a estes exames na convocatoria do 2020.

A nova data do exame aínda non se decidiu e dependerá da duración do estado de alarma e do que dure a suspensión das clases físicas. A data máxima para celebrar as probas da EBAU estaba fixada no 19 de xuño antes da crise do coronavirus, con todo, na actual circunstancia non daba tempo a mantela no caso de que se prolongase a alerta.

Publicidade

A intención de Ministerio, Consellería e Reitores é que a Selectividade poida celebrarse este ano, aínda que a data pasa a ser agora unha incógnita.

O Secretario de Estado de Educación, Alejandro Tiana, garantiu que “as probas de avaliación faranse con criterios de equidade e xustiza e @teniendo en cuenta a situación excepcional pola que se está pasando”.

Ademais, desde o Ministerio de Educación difundiron unha nota que di que “ningún alumno vai perder o curso pola suspensión das clases presenciais debido ao coronavirus”.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Detectado o virus de Crimea-Congo en carrachas do Bierzo: “Probablemente xa estea en Galicia”

Os expertos advirten que a enfermidade hemorráxica parece estar propagándose polo noroeste peninsular e urxen medidas para freala

O festival científico CinVigo encheu a Porta do Sol de ciencia e ilusión

Participaron máis de 220 alumnos de Secundaria, Bacharelato e FP que presentaron 58 proxectos na feira celebrada na cidade olívica

Os Prismas convocan unha categoría sobre océanos polo 25 aniversario do Aquarium

Os traballos deben presentarse antes do 3 de xuño. Os galardóns están impulsados polo Concello da Coruña e os Museos Científicos Coruñeses

Volven as Líridas: como ver esta chuvia de estrelas dende Galicia

O fenómeno astronómico, que se poderá ver ata o xoves 25 de abril, será pouco visible a causa da lúa chea