A UDC desenvolve unha técnica para abrigar do vento a flota de diques flotantes

O grupo de investigación de Enxeñaría da Auga e do Medio Ambiente traballa nun proxecto piloto no porto de Xufre, na Illa de Arousa

Porto de Xufre, na Illa de Arousa.

O grupo de investigación de Enxeñaría da Auga e do Medio Ambiente (GEAMA) do Centro de Innovación Tecnolóxica en Edificación e Enxeñaría Civil, CITEEC, da Universidade da Coruña, está a colaborar coa Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, para atopar unha solución técnica novidosa que permita abrigar do vento a frota protexida por diques flotantes.

Os investigadores traballan nun proxecto piloto de I+D+i no porto de Xufre, na Illa de Arousa, co obxectivo de poder aplicala posteriormente a outras instalacións. O obxectivo é avaliar os resultados da colocación de pantallas na cabeceira dos pantaláns para reducir a velocidade do vento na zona abrigada polo dique flotante.

Este proxecto é resultado do convenio de colaboración asinado entre Portos de Galicia e a Fundación Universidade da Coruña, en representación de GEAMA. Os investigadores da UDC están a facer a análise da situación, definición de alternativas, avaliación das mesmas, deseño da pantalla e construción do prototipo. Unha vez instalado na Illa, GEAMA analizará tamén os datos derivados do seu funcionamento para trasladar a Portos coa fin de definir a súa aplicabilidade futura.

Proxecto piloto

O grupo de investigación de Enxeñaría da Auga e do Medio Ambiente (GEAMA) está adscrito ao Centro de Innovación Tecnolóxica en Edificación e Enxeñaría Civil, CITEEC, da Universidade da Coruña. O proxecto piloto para protexer do vento a frota en diques flotantes forma parte da liña de investigación de GEAMA de Enxeñaría Marítima e Portuaria, da que forman parte Andrés Figuero e Enrique Peña, directores deste proxecto.

Os investigadores desta área traballan desenvolvendo proxectos que permiten coñecer as potencialidades e limitacións das obras de protección e defensa costeira utilizando tecnoloxías innovadoras, algunhas delas desenvoltas e validadas polo propio grupo de investigación.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.