Xoves 28 Marzo 2024

Un software para mirar ós ollos ao teu cliente

Os enxeñeiros Alba, Ubeira e González, creadores de RelEYEble.
Os enxeñeiros Alba, Ubeira e González, creadores de RelEYEble.

Identificar á clientela dun comercio é moi importante para vender. Son homes ou mulleres os que dun xeito maioritario se deteñen ante un escaparate dun establecemento comercial concreto? Cal é a súa idade? Durante canto tempo permanecen observando o que alí se amosa? E unha vez que se deciden a entrar no comercio, cantas desas persoas adquiren finalmente un produto? Dispor deste tipo de respostas pode resultar determinante para mellorar os beneficios dun establecemento comercial, que ata agora só podía recorrer á realización de entrevistas persoais para coñecer a súa clientela e os seus gustos. Este sistema, que moitos e moitas clientas rexeitan por consideralo claramente invasivo, conta agora cunha alternativa baseada na tecnoloxía, nacida ao abeiro da Universidade de Vigo da man do profesor do Departamento de Teoría do Sinal e Comunicacións José Luís Alba, e os enxeñeiros de Telecomunicación Manuel Ubeira e Elisardo González.
O docente e os dous egresados pola Universidade de Vigo conforman o equipo promotor de relEYEble. “Trátase dun software que funciona con calquera dispositivo ao que se lle poda adaptar unha cámara, e en función das imaxes que vai capturando realiza un procesado delas para extraer datos como o número de persoas que aparecen nelas, estimación de sexo, idade, canto tempo están mirando algo, e todo de xeito totalmente anónimo”, explica Manuel Ubeira sobre este sistema que saíu ao mercado hai apenas dous meses. Dado que o pequeno comercio coñece ou pode intuír o perfil e gustos da súa clientela, son as grandes cadeas comerciais as destinatarias naturais deste software, que segundo Ubeira, facilitaríalles “unha mellor toma de decisións para obter máis beneficios”.

Dependendo do perfil do cliente, pódese cambiar a cartelería dixital das tendas

Neste sentido, a colocación de dispositivos en lugares estratéxicos do establecemento, como os escaparates, as portas de entrada e a as caixas, permitiría acumular gran cantidade de información sobre o comportamento da clientela, que os xestores e xestoras dos negocios poden utilizar para axustar máis a súa oferta ás preferencias e perfís dos compradores e compradoras.
Se ben no caso dos establecementos comerciais, os cambios que podan operar a raíz dos datos que extraian mediante o uso de reIEYEble van precisar dunha análise previa por parte dos responsables da xestión, hai un espazo no que o software deseñado na Universidade de Vigo atopou unha aplicación en tempo real. “Xa estamos a comercializar un módulo para usar en cartelería dixital”, explica Manuel Ubeira “que pode contabilizar as persoas, estimar sexo e idade e tempo durante o que están a ver o que se amosan nos carteis dixitais e pode adaptar o contido en función dos espectadores. Por exemplo, no caso dunha axencia de viaxes pódese amosar unha viaxe a Eurodisney para un público familiar e cambiar o contido, por unha oferta para viaxar a París, se é outro tipo de potencial cliente o que está a ver o cartel”.
Precisamente foi unha gran operadora unha das primeiras empresas en poñerse en contacto cos promotores de reIEYEble, que recoñecen que están a espetar especial interese no ámbito da cartelería dixital “por que ten un beneficio inmediato, maximizas o impacto”, explica Ubeira.
 

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Grupo GTM de atlanTTic: tecnoloxía de vangarda para axudar aos que máis o necesitan

As persoas xordas e as que sofren deterioración cognitiva leve están no centro das súas investigacións

RelEYEble: reinventar a visión artificial nos tempos da Covid-19

Un sistema para supervisar a capacidade dos locais, o uso da máscara e a distancia de seguridade recibe o premio Ricardo Bescansa da RAGC

A Academia de Ciencias falla os Premios de Transferencia de Tecnoloxía en Galicia

Recoñecen o uso da intelixencia artificial na Covid-19, unha laca de unllas terapéutica e un tratamento dermatolóxico para pacientes de cancro

Releyeble, a cara é o espello do cliente

O refraneiro di que a cara é o espello da alma....