Non todos os residuos permanecen na superficie e son tanxibles. Se analizamos os solos atoparemos unha cantidade de contaminantes que, aínda que teñan a súa orixe na actividade humana, chegan a través de cultivos agrícolas e explotacións gandeiras. Son nitratos, pesticidas e antibióticos que se filtran e poden chegar ás augas e posteriormente, ao ser humano. A evidencia científica demostra diariamente que a contaminación non só é un problema de plásticos, que vai moito máis aló e que non estamos manexando o territorio de maneira respectuosa co medioambiente.
Hai que poñer a vista na agricultura e na gandaría que danan ao medio ambiente e na que hai, porque así o planeta e o cambio climático nolo require, intervir. Será Rosa Mosquera, catedrática de Produción Vexetal, a voz experta da Universidade de Santiago que nos poña ao día sobre as últimas investigacións neste eido e sobre o nivel de contaminación dos solos galegos nesta nova entrega de Investigar na USC.
Escoita Investigar na USC en: Spreaker, Spotify, Ivoox, iHeart, Google Podcasts, Deezer, Podcast Addict, JioSaavn e Podchaser.