Venres 29 Marzo 2024

Un gato morto chamado Pikachu será lanzado ao espazo

A compañía Celestis Pets ofrece o servizo de enviar á túa mascota á órbita da Terra tras a súa morte

Pikachu foi un gato que morreu en xaneiro por complicacións derivadas da diabete. E agora vai ser lanzado ao espazo. O seu dono, Steve Munt, contratou un novo servizo para que as cinzas de Pikachu entren en órbita. A compañía encargada da misión será Celestis Pets, unha firma dos EUA convertida en funeraria cósmica. O que nos da a mostra do que ten avanzado o sector privado no que atinxe ao mundo aeroespacial.

Munt actualmente está a recadar cartos a través de ‘crowfunding’ para axudar a pagar o boleto de Pikachu por 5.000 dólares. Pero xa contratou os servizos e o lanzamento está previsto “nalgún momento nos vindeiros 18 meses”.

Publicidade

Celestis Pets xa colocou en órbita os restos cremados de dous cans. A compañía di que as cinzas permanecerán ata que se desintegren ao volver entrar na atmosfera. Malia que os restos dun gato ou dun can serán demasiado pequenos para velos, a compañía compara poéticamente o fenómeno cunha estrela fugaz que cruza o ceo.

“Quería que Pikachu fose o primeiro”, dixo Munt a Space.com, salientando que quería “amosar ao mundo que un gato é tan digno como un can dun tributo especial”.

Todo isto pode levarnos a meditar sobre os honores que facemos aos nosos compañeiros caninos e felinos. Pero non esquezamos que, no antigo Exipto, xa os gatos eran embalsamados nas grandes tumbas faraónicas. Unha honra tan grande como a que vai ter Pikachu, que como Doraemon vai camiño de ser un ‘gato cósmico’.

1 comentario

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A NASA detecta un enorme burato no Sol

O Observatorio de Dinámica Solar capta un vídeo do fenómeno e prognostica unha tormenta xeomagnética nos vindeiros días

De quen son os recursos naturais do espazo?

Na actualidade están a producirse desenvolvementos xurídicios a nivel nacional e internacional que parecen contradicir os principios do Dereito do Espazo

Máis do 30% dos gatos teñen obesidade: “Son unha bomba andante”

O hospital Rof Codina asiste cada ano unha media de 600 felinos, na súa maioría mascotas que presentan “patoloxías de tipo renal” relacionadas co exceso de peso

Cinco asteroides pasarán preto da Terra en apenas 24 horas

A NASA confirma que ningún deles é potencialmente perigoso, pese a que pasarán a menos de 7,5 millóns de quilómetros do planeta