Venres 19 Abril 2024

Os concellos de Galicia nos que máis morre a xente

Son días para lembrar aos que xa non están. Galicia ten unha relación particular coa morte. Os velorios son actos sociais nunha sociedade avellentada, e que estes días tamén se achega aos camposantos en masa. Pero cales son os concellos galegos con maior taxa de mortalidade? A marcha da poboación nova das zonas rurais e o aumento da esperanza de vida ofrece cifras moi elevadas en decenas de concellos, case todos das provincias de Lugo e Ourense. Arredor de 70 municipios teñen taxas por riba do 20‰. É dicir, cada ano, por cada 1.000 veciños, morren máis de 20 persoas. Así o subliñan os datos do Instituto Galego de Estatística referentes a 2016.

Nos casos dos concellos máis avellentados e pequenos, como San Xoán de Río, Larouco, O Incio ou Vilamartín de Valdeorras, a taxa supera o 30‰. Pode verse con máis detalle neste mapa:

Publicidade

Na outra banda están os municipios que teñen unha taxa bruta de mortalidade por debaixo do 10 por mil. É dicir, por cada 1.000 habitantes que residen no concello, hai menos de 10 mortes cada ano. Son lugares con pirámides de poboación máis novas, con maior poboación e actividade económica, e situados, case todos, no Eixo Atlántico, arredor das cidades de Vigo, Santiago de Compostela e A Coruña. Hai, con todo, dúas excepcións: Vilariño de Conso e A Gudiña; lugares nos que xa vive tan pouca xente, que pouca xente morre:

1 comentario

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

“Anicamento” e “teito de cristal”, entre as novas entradas do Dicionario da Academia

A RAG engade corenta voces como novas acepcións e mellora a definición de 20 lemas na súa última actualización

Unha masa de aire polar desplomará os termómetros en Galicia

As temperaturas caen ata 10 graos a vindeira semana, quedando en valores baixos para a época do ano

▪️ Ten sentido implantar en Galicia a nova medida antitabaco do Reino Unido?

A investigadora da USC Mónica Pérez advirte que nos países con altas taxas de fumadores é difícil que esta medida saia adiante

Galicia rexistrou preto de 43.100 raios en 2023, un 66% máis que o ano anterior

O día co maior número de descargas eléctricas detactadas foi o 9 de setembro, cun total de 10.204