Venres 19 Abril 2024

Estas liñas son paralelas… e gañan un premio á mellor ilusión óptica

Unha coruñesa, a neurocientífica Susana Martínez-Conde, é a responsable de certificar a nivel mundial as mellores ilusións ópticas do ano. Directora do Laboratorio de Neurociencia Integrativa na Universidade do Estado de Nova York, esta galega organiza cada ano un concurso que premia as mellores ilusións visuais. Trátase de algo divertido, pero tamén dun obxecto de estudo para os neurocientíficos. E as máis interesantes son premiadas no The Illusion of the Year Contest, organizado por Martínez Conde.

Na foto que abre esta información, as liñas son paralelas. Pero o noso cerebro pensa que están inclinadas. Os contrastes e variantes na luz e a cor, así como os diferentes ángulos dos obxectivos de diamante nas interseccións fan que pensemos que as liñas están reviradas. Pero non é así. Son totalmente parelelas, como podemos ver neste gráfico.

Publicidade

barras paralelas

Esta obra obtivo o segundo posto no premio que organiza Susana Martínez-Conde. A ilusión das liñas paralelas foi presentada por Susana Skye e trátase dunha adaptación sobre un debuxo orixinal de  Richard Gregory, que se inspirou nun antigo debuxo nun café en Bristol Inglaterra.

O primeiro premio foi para este vídeo, no que só podemos ver uns coellos ou unha persoa bailando cando os puntos se poñen en movemento. Están ahí sempre, pero o noso cerebro non pode velos se non barallamos os puntos grises.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Como de accesible é a rúa na que vives? Compróbao neste mapa

A aplicación 'City Access Map' permite comprobar que servizos están a menos de 15 minutos camiñando nas cidades e areas metropolitanas de Vigo e A Coruña

A historia da primeira industria galega que empregou a máquina de vapor

Un estudo da USC analiza ‘La Victoria’, a descoñecida fábrica de fundición e louza da Coruña creada en 1844

Un traballo da UDC sobre investigación básica en epilepsia gaña o Epiforward 2024

O equipo conseguiu reducir a actividade cerebral grazas á aplicación de campos magnéticos en áreas concretas do cerebro

Científicos galegos participan no primeiro mapa español de bacterias resistentes aos antibióticos

A base de datos en liña proporciona o perfil xenómico de 461 cepas, procedentes de 41 hospitais situados en 13 rexións de España