A empresa Hijos de Rivera presentou hoxe un novo fito do seu departamento de innovación: unha cervexa cun sabor novo, nunca feito no mundo. Trátase da cervexa con sabor a pementos de Padrón, que foi presentada no convento franciscano de Herbón coa participación do alcalde Antonio Fernández, e da presidenta da Pementeira, Milagres González.
O obxectivo da firma cervexeira galega é “nha liña de cervexas de tempada que contará co lanzamento progresivo dunha gran variedade de receitas que terán como factor común ingredientes naturais 100% galegos”, explicou o conselleiro delegado, Ignacio Rivera.
“Os monxes franciscanos de Herbón son precisamente os responsables de introducir o cultivo dos Pementos de Padrón en España, tras traer a súa semente da zona fronteiriza entre Estados Unidos e México”, recordan en Hijos de Rivera.
A empresa galega explica que para a elaboración desta primeira cervexa de tempada “os nosos mestres cervexeiros incorporaron durante o período de garda os pementos de padrón enteiros, logrando así os aromas e sabores que singularizan unha cervexa onde o pemento e o picante teñen un especial protagonismo”.
A nova Estrella Galicia Pementos Padrón poderá degustarse tanto en barril como en botella de 50cl.. Poderá atoparse, nas próximas semanas, nunha selección de cervecerías de adega e insignias de alimentación. Trátase dunha edición limitada e exclusiva, de forma que só envasaranse 16.000 botellas.
En Galicia, xa se teñen desenvolvido cervexas tan orixinais como a de cogomelos que elabora a empresa Resetea. Ou a de grelos creada pola firma Champivil. Agora os pementos de Padrón chegan a este orixinal club.
Que boa idea! E como será distribuida maioritariamnete na Galiza, o etiquetado em….bueno….em castelán? Pimientos Padrón é máis internacional, nom é? O galego milhor para ps que tenhan que apanhar os pementos….sem desmerecer á cervexa em sí que de seguro estará boa…
Espero que llegue pronto por estos lares para poder saborearla.
E a de castañas, Pilonga.