O estudo sinala que hai o dobre de posibilidades que un home famoso sexa coñecido polo seu apelido que unha muller.

O estudo sinala que hai o dobre de posibilidades que un home famoso sexa coñecido polo seu apelido que unha muller.

Por que a elas as chamamos polo nome e a eles os recoñecemos polo apelido?

Unha investigación publicada na revista PNAS conclúe que esta actitude sexista contribúe a asociar a masculinidade ao prestixio e á fama

Rajoy e Sánchez, pero Soraya e Esperanza. O cancelo #AnavsFeijoo. Penélope e Bardem. E un longo etcétera. Por que aos políticos e persoeiros de diversos ámbitos se lles chama xeralmente polo apelido cando son homes e polo nome cando son mulleres? Un estudo científico, publicado no último número da revista Proceedings of the National Academy of Sciences (PNAS) sostén que detrás deste hábito hai unha alta dose de sexismo.

En eidos como a ciencia, a literatura e a política, os homes teñen o dobre de posibilidades de que se lles chame polo apelido

Os investigadores, do departamento de Psicoloxía da University of Cornell de New York tiñan por obxectivo “probar se a xente se refire a profesionais masculinos e femininos de xeito distinto”, explica á Axencia Sinc Stav Attir, autor principal do traballo. De forma específica, “queriamos saber se as persoas son máis propensas a chamar máis aos homes polo seu apelido en ambientes laborais. Outro dos aspectos que pretendiamos probar é se o uso do apelido ou o nome para referirse a un profesional inflúe en como é percibido devandito individuo”, indica Attir.

No traballo, que contou coa participación duns 2.000 voluntarios, observouse que en ámbitos de gran competitividade, como a ciencia, a literatura e a política, existe o dobre de probabilidades de que aos homes se lles chame polo seu apelido respecto das mulleres.  “Atopamos que esta simple diferenza de denominación afecta o prestixio que se atribúe ás persoas, debido a que os participantes consideraban que os profesionais aos que se facía referencia mediante o apelido eran máis eminentes, famosos, con maior status e acredores de recoñecemento”.

Por exemplo, comprobouse que os científicos mencionados por apelido foron vistos como un 14% máis merecedores dun premio de carreira por parte da National Science Fundation. A investigación recalca que este rumbo pode contribuír á fenda de xénero no prestixio que se atribúe a uns e a outras. Ademais –opina o experto– “pode explicar dalgunha maneira a persistencia nunha representación insuficiente das mulleres nos campos de alto status, como a ciencia, a tecnoloxía, a enxeñería e as matemáticas”.

Unha resposta a “Por que a elas as chamamos polo nome e a eles os recoñecemos polo apelido?”

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.