círculos ilusión óptica rectángulos

16 círculos escondidos nunha imaxe chea de rectángulos

Esta ilusión óptica foi creada polo deseñador Anthony Norcia e confunde ao noso cerebro

Nesta imaxe publicada en Reddit pódense diferenciar entre as raias 16 círculos. Con todo, non todo o mundo pode velos. Trátase da última ilusión óptica que espertou o interese dos usuarios. En concreto a imaxe recibiu máis de 300 mil visualizacións e preto de 800 comentarios.

Moitos dos usuarios que comentaron a publicación aseguran que ao principio é complicado ver os círculos xa que o primeiro que percibe o ollo son as ringleiras de rectángulos que compoñen a imaxe. Pero unha vez observan a imaxe en profundidade, todos coinciden no mesmo: os círculos invaden o debuxo e xa non podes deixar de velos.

rectángulos reddit

 

O efecto da imaxe é unha variación da coñecida ilusión óptica do cofre, coa que o deseñador Anthony Norcia quedou finalista no concurso anual de ilusións ópticas en 2006. A causa deste efecto visual son as liñas do debuxo e as sombras que conforman os diferentes rectángulos crean a sensación de 3D que dá profundidade ao debuxo.

Por tanto, se un tenta atopar o truco analizando a imaxe de maneira xeral non dará nunca cos círculos; pero se pola contra fixa a vista no centro do debuxo, non poderá deixar de velos.

Unha resposta a “16 círculos escondidos nunha imaxe chea de rectángulos”

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.