Venres 29 Marzo 2024

XuvenCiencia achegará a investigación do campus de Lugo aos profesores de secundaria

O grupo Divulgación da Ciencia e da Tecnoloxía XuvenCiencia da USC, coordinado pola profesora Mercedes Novo, celebrará o 5 de novembro a terceira edición do programa ‘XuvenCiencia para profesorado’, unha iniciativa que busca divulgar e achegar o traballo cotiá de docencia e investigación que se desenvolve nas aulas e laboratorios universitarios do Campus Terra da USC a profesores de ensino secundario.

161017xprofesorado

A posta en marcha de actividades conxuntas no contexto científico que teñan como obxectivo fomentar o interese pola ciencia e a tecnoloxía entre o estudantado de secundaria constitúe outro dos obxectivos da xornada XuvenCiencia para profesorado, un foro que traballo que desenvolverá as súas sesións na Biblioteca Intercentros e en distintos laboratorios da sede universitaria luguesa. Outra das pretensións deste programa, que conta con financiamento da Fundación Española de Ciencia e Tecnoloxía (Fecyt) e que, nesta edición, tamén ten o patrocinio da empresa luguesa AMSlab, que sufragará os kits educativos destinados aos centros da montaña lucense, pasa por avanzar na formación de grupos de traballo de profesorado de ensino secundario e universitario para o desenvolvemento de materiais educativos de carácter experimental e interactivo, ademais de pequenos proxectos científicos.

Publicidade

O prazo de pre inscrición nestas xornadas, para as que a USC ofrece un máximo de 30 prazas, está aberto ata o 20 de outubro e pode facerse en liña a través do formulariohabilitado na web da USC. A matrícula, cuxo prezo é de 10 euros, poderá formalizarse tamén na web durante semana do 21 ao 27 deste mes. As persoas interesadas poden atopar máis información na web www.usc.es/xuvenciencia/xornadas.

Programa

O programa desta xornada inclúe dous itinerarios, un dirixido ao profesorado das áreas de Ciencias da Vida e Experimentais (Física-Química, Bioloxía-Xeoloxía e Tecnoloxía) con tres kits educativos para iniciar na investigación ao alumnado de secundaria e bacharelato (programa XuvenCiencia na aula), e outro dirixido ao profesorado de áreas de Ciencias Sociais, Artes e Humanidades (Debuxo, Lingua e literatura galega, Lingua castelá e literatura, Xeografía e Historia e Filosofía e Antropoloxía). Esta opción permitirá presentar algunhas liñas de investigación neste eido do Campus Terra da USC, ao tempo que posibilitará a formación de grupos de traballo  de profesorado de ensino secundario e universitario para o desenvolvemento de propostas e materiais educativos dirixidos á experimentación nas aulas e á práctica investigadora. Pódese atopar información completa sobre os kits no enlace: http://www.usc.es/xuvenciencia/aula/gl/.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un bólido cruza a costa de Lugo ata caer no Cantábrico

A segunda bóla de lume visible dende Galicia en apenas dúas semanas procedía da chuvia de estrelas das delta-leónidas

Gciencia celebra o Día da Lingua Materna cun relatorio sobre a divulgación en galego

A xornalista Laura Filloy abordou a importancia de trasladar o coñecemento científico á sociedade nun acto celebrado no Campus de Lugo da USC

Novos achados revelan o carácter funerario da ‘roda’ de Adai, un xacemento único en Galicia

A descuberta dunha ola que se conserva completa e de pé sobre unha lousa suxiren que servía para actos rituais fundacional

Atopado o talón de Aquiles da rata toupa, a praga que azouta a montaña luguesa

O estudo do órgano vomeronasal deste mamífero subterráneo avala o uso de químicos para diminuír a súa poboación e frear o seu impacto na agricultura