Venres 29 Marzo 2024

Xúpiter atópase coa Lúa

Créditos da imaxe e copyright: Cristian Fattinnanzi
Créditos da imaxe e copyright: Cristian Fattinnanzi

Explicación: Que está ao carón da Lúa? Xúpiter; mailas súas catro lúas máis grandes. Os observadores do ceo de todo o planeta Terra gozaron do encontro próximo do planeta coa Lúa pouco antes do mencer do 15 de xullo de 2012. E mentres moitos miraban ao brillante Xúpiter próximo ao fino crecente luar, os europeos tamén tiveron a oportunidade de ollar ao dominante xigante gasoso pasando por tras do disco lunar, ocultado pola Lúa mentres escorregaba na noite. As nubes ameazaron esta imaxe telescópica desde Montecassiano (Italia), pero a imaxe captura aínda a Xúpiter despois de emerxer da ocultación xunto coas catro grandes lúas galileanas. O crecente brillante pola luz solar está sobreexposto co lado escuro da Lúa sendo alumeado debilmente polo brillo da Terra. Aliñados de esquerda á dereita máis alá do limbo lunar escuro están Calixto, Ganímedes, Xúpiter, Ío e Europa. De feito, Calixto, Ganímedes e Ío son máis grandes cá Lúa terrestre, mentres que Europa tan só é lixeiramente máis pequena.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Artigo anterior
Seguinte artigo

Relacionadas

Un mapa da NASA alerta da subida do mar en Galicia e revela as zonas máis afectadas

Unha ferramenta dixital baseada nos datos científicos do Sexto Informe do IPCC ofrece unha proxección sobre as subidas do nivel do mar en todo o mundo ata 2150

Un asteroide troiano de Xúpiter pasará polo ceo de Galicia

En Santiago de Compostela hai un 34 % de probabilidade de observar a ocultación dunha estrela

A Lúa non ten ceo

https://theconversation.com/javascripts/lib/content_tracker_hook.js *Un artigo de “E se estivésemos equivocados? E se a Terra...

Envía o teu nome a Xúpiter nunha misión espacial da NASA

Dende a axencia lanzarán unha botella que leva tamén un poema da escritora estadounidense Ada Limón