Venres 29 Marzo 2024

O primeiro xigante da Terra: un animal de máis de 17 metros de longo

A descuberta dun cráneo de dous metros dun ictiosaurio achegan novos datos sobre as criaturas que habitaban na Era dos Dinosaurios

O cráneo de dous metros dunha especie recentemente descuberta de ictiosaurio (grandes réptiles mariños con aspecto de peixe e delfín) xigante, o máis antigo coñecido, está a achegar novos datos sobre o rápido crecemento dos réptiles mariños ata converterse en grandes criaturas dos océano, e axuda a entender mellor a viaxe dos cetáceos modernos (baleas e golfiños) ata converterse nos animais máis grandes que habitan a Terra.

Hai millóns de anos, os ictiosaurios e outros réptiles acuáticos (que non eran dinosauros) dominaban as ondas e alcanzaban tamaños tan xigantescos e cunha diversidade de especies similar á dos seus parentes en terra firme. Os ictiosaurios, que desenvolveron aletas e formas corporais hidrodinámicas propias dos peixes e as baleas, nadaron polos antigos océanos durante case toda a Era dos Dinosauros.

Publicidade

“Os ictiosaurios proceden dun grupo aínda descoñecido de réptiles terrestres que respiraban polo aire”, afirma o autor principal, o Dr. Martin Sander, paleontólogo da Universidade de Bonn e investigador asociado do Instituto de Dinosauros do Museo de Historia Natural do Condado de Los Ángeles (NHM). Desde os primeiros descubrimentos de esqueletos no sur de Inglaterra e Alemaña, hai máis de 250 anos, estes “peixes-saurios” atópanse entre os primeiros réptiles fósiles de gran tamaño coñecidos pola ciencia, moito antes que os dinosauros.

Máis datos sobre a Era dos dinosaurios

O cráneo, xunto con parte da columna vertebral, o ombreiro e o antebrazo, remóntase ao Triásico Medio (fai 24,2-237 millóns de anos), o que representa o caso máis temperán dun ictiosaurio que alcanza proporcións épicas. Tan grande como un cachalote de máis de 17 metros de longo, o recentemente bautizado Cymbospondylus youngorum é o animal máis grande descuberto ata o de agora dese período de tempo, en terra ou no mar. O achado foi descuberto nunha excavación na unidade rochosa chamada Fossil Hill Member nas Montañas Augusta de Nevada.

Noutras cadeas montañosas de Nevada, os paleontólogos levan desde 1902 recuperando fósiles das calcarias, lousas e limolitas, abrindo unha xanela ao Triásico. As montañas conectan o noso presente cos antigos océanos e deron lugar a moitas especies de ammonites, devanceiros con caparazón dos cefalópodos modernos, como as sepias e os polbos, así como de réptiles mariños. Todos estes especímenes animais coñécense colectivamente como a Fauna do Fossil Hilll, e representan moitas das presas e competidores do C. youngorum.

O C. youngorum apareceu nos océanos fai uns 246 millóns de anos, é dicir, só uns tres millóns de anos despois de que os primeiros ictiosaurios mollaran as aletas, un tempo asombrosamente curto para alcanzar ese gran tamaño. O fociño alongado e os dentes cónicos suxiren que C. youngorum se alimentaba de luras e peixes, pero o seu tamaño indica que podería cazar tamén réptiles mariños máis pequenos.

Relación entre ictiosaurios e baleas

O xigantesco depredador probablemente tiña unha forte competencia. Mediante un sofisticado modelo computacional, os autores examinaron a enerxía que probablemente corría pola rede alimentaria da Fauna Fosil Hill, recreando a antiga contorna a través dos datos, atopando que as redes alimentarias mariñas eran capaces de soportar algúns ictiosaurios carnívoros máis colosais. Proliferaron ictiosaurios de diferentes tamaños e estratexias de supervivencia, comparables aos cetáceos modernos, desde golfiños relativamente pequenos ata enormes baleas barbadas.

As baleas e os ictiosaurios comparten algo máis que un rango de tamaño. Teñen estruturas corporais similares e ambos xurdiron inicialmente despois das extincións masivas. Estas similitudes fanos cientificamente valiosos para o seu estudo comparativo. Os autores combinaron a modelización informática e a paleontoloxía tradicional para estudar como estes animais mariños alcanzaron tamaños récord de forma independente.

O C. youngorum aloxarase de forma permanente no Museo de Historia Natural do Condado de Los Ángeles, onde se atopa actualmente

Descubriron que, aínda que tanto os cetáceos como os ictiosaurios evolucionaron cara a tamaños corporais moi grandes, as súas respectivas traxectorias evolutivas cara ao xigantismo foron diferentes. Os ictiosaurios tiveron un auxe inicial de tamaño, converténdose en xigantes ao principio da súa historia evolutiva, mentres que as baleas tardaron moito máis en alcanzar os límites exteriores. Aínda que os seus roteiros evolutivos foron diferentes, tanto as baleas como os ictiosaurios baseáronse na explotación de nichos na cadea alimentaria para facerse realmente grandes.


Rerefencia: Early giant reveals faster evolution of large body size in ichthyosaurs than in cetaceans. (Publicado en Science).

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Galicia duplica o promedio anual de varamentos: “Non temos explicación”

Unha toniña no Grove eleva a máis de 520 os exemplares atopados. Os científicos están investigando os motivos deste aumento de casos

Restos de baleas atopados en Galicia corroboran a extinción de dúas especies do Atlántico

Unha investigación arqueolóxica reuniu mostras do 3500 a.C. ata o século XVIII no maior estudo de Europa sobre estes cetáceos

Un equipo de Vigo estuda como mellorar a pesca de arrastre para protexer os cetáceos

O IEO está probando dispositivos para reducir os descartes e evitar a captura accidental de especies protexidas

As candorcas Gladis atacan a un veleiro arousano: “Sácanse dentes dos timóns”

O barco que viaxaba para participar na Copa do Rey de vela sufriu danos no timón, quedou sen piloto automático e tivo que ser remolcada