Xoves 25 Abril 2024

WhatsApp sofre unha caída mundial: estes poderían ser os motivos

Os problemas no servizo de mensaxería impiden que se poidan enviar e recibir mensaxes con normalidade

O servizo de mensaxería instantánea de WhatsApp acaba de sufrit unha caída este martes a nivel mundial. Segundo a información dos rastrexadores de Downdetector, a páxina por antonomasia que mostra os erros reportados polos usuarios,, a caída tivo os primeiros reportes dende as 9.00 horas. Este fallo impide que se poidan enviar e recibir mensaxes con normalidade. Ata o de agora, a compañía de Mark Zuckerberg aínda non deu explicacións do problema, que polo momento non afecta a outras plataformas tamén propiedade de Meta como Instagram ou Facebook.

Segundo algúns expertos en informática consultados nas anteriores caídas do servizo de mensaxería máis empregado en occidente, este fallo global pode deberse a un problema nos sistemas de dominio (DNS), é dicir, os que traducen os nomes de dominio que todos usamos, por exemplo whatsapp.com. Pero non é a única causa posible. Outro dos fallos máis comúns é unha sobresaturación. As mensaxes envíanse a servidores que as remiten aos destinatarios. Cando eses servidores satúranse, pode contemplarse un fallo no sistema que os colapse. Outro motivo pode producirse ao código debido a algunha actualización ou con algunha base de datos que provoca un mal funcionamento das mesmas.

Publicidade

As principais incidencias comunicadas polos usuarios e rexistradas na páxina web DownDetector, que contabilizou xa máis de 30.000 reportes de todo o mundo, refírense a problemas no envío de mensaxes cun 75%; ao funcionamento normal da aplicación cun 19%; e a problemas no sitio web da aplicación cun 6%.

Un portavoz de WhatsApp vén de dicir que a compañía é coñecedora de da caída mundial e “está a traballar para restaurar o servizo o máis rápido posible”. Desde a compañía aínda non deron datos de cantos países están afectados polos problemas.

[Haberá ampliación]

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Detectado o virus de Crimea-Congo en carrachas do Bierzo: “Probablemente xa estea en Galicia”

Os expertos advirten que a enfermidade hemorráxica parece estar propagándose polo noroeste peninsular e urxen medidas para freala

Identificado o risco de miocardiopatía dilatada nos portadores xenéticos

O estudo liderado polo investigador Pablo García-Pavía analiza as posibilidades de herdanza da enfermidade en familiares

O río Lagares, o máis contaminante de Galicia: arrastra 13 toneladas de plástico ao mar

A organización The Ocean Cleanup deseñou un mapa interactivo mundial dos 1.000 cursos de auga que máis residuos depositan nos océanos

Investigadores de Vigo proban con éxito un deseño de antena para un vehículo lunar

O dispositivo facilitará o sistema de comunicación durante as incursións das covas atopadas no satélite