Xoves 25 Abril 2024

ViaGalicia, dez anos impulsando ás empresas do futuro

O programa de aceleración da Zona Franca recibiu máis de mil propostas nunha década de existencia, coa innovación como denominador común das ideas seleccionadas

No Centro de Negocios que a Zona Franca ten no Parque Empresarial Porto do Molle en Nigrán, enxeñeiros, biólogos e expertos en automoción, entre outros profesionais, teñen a oportunidade de converter as súas ideas de negocio en empresas de futuro

A aceleradora ViaGalicia, que ten alí as súas oficinas, recibe en cada edición, e xa van sete, centos de proxectos que analiza polo miúdo. De feito, o obxectivo desta iniciativa creada en 2013 é impulsar, diversificar e modernizar o tecido industrial galego e para iso todas as propostas, de calquera sector, e sen importar a fase de desenvolvemento na que se encontren, son benvidas. 

Publicidade

En ViaGalicia expoñen a súa experiencia tres emprendedores que participaron ou participan na actualidade no programa. Unha visita a Porto do Molle permite coñecer de implantes á medida para animais, de millóns de pezas de automóbiles que encontran en liña unha segunda vida e de proteínas alternativas que axudarán a loitar, de maneira sostible, contra a escaseza de alimentos no mundo.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Detectado o virus de Crimea-Congo en carrachas do Bierzo: “Probablemente xa estea en Galicia”

Os expertos advirten que a enfermidade hemorráxica parece estar propagándose polo noroeste peninsular e urxen medidas para freala

O festival científico CinVigo encheu a Porta do Sol de ciencia e ilusión

Participaron máis de 220 alumnos de Secundaria, Bacharelato e FP que presentaron 58 proxectos na feira celebrada na cidade olívica

Os Prismas convocan unha categoría sobre océanos polo 25 aniversario do Aquarium

Os traballos deben presentarse antes do 3 de xuño. Os galardóns están impulsados polo Concello da Coruña e os Museos Científicos Coruñeses

Volven as Líridas: como ver esta chuvia de estrelas dende Galicia

O fenómeno astronómico, que se poderá ver ata o xoves 25 de abril, será pouco visible a causa da lúa chea