Xoves 28 Marzo 2024

Varamento múltiple de golfiños en Oia

Continúa un verán negro para o varamento de cetáceos nas costas de Galicia. As cifras multiplican por cinco a media de exemplares recollidos nas prais e cantís. En agosto foron 63 os recollidos pola organización CEMMA Cetáceos, mentres que no mesmo mes o habitual eran uns 12 varamentos, segundo a media rexistrada dende os anos 90 do pasado século.

Agora, semella que os datos de setembro van estar na mesma liña ascendente. Porque a CEMMA advertiu hoxe dun varamento múltiple de golfiños comúns xa mortos na costa de Oia, no sur de Galicia.

Publicidade

As razóns que analizan dende a CEMMA para este incremento están vencelladas ao retraso na chegada da primavera, que deixou abundante alimento durante o verán, o que atrae a maior número de exemplares de cetáceos. Aínda que este ano tamén son numerosos os varamentos de tartarugas e de quenllas.

Os membros da CEMMA agradecen a calquera persoa que detecte un animal mariño  varado que chamen ao 112 ou chamen ao teléfono da UNIMOBIL da CEMMA: 686989008.

Un golfiño varado. Foto: CEMMA.
Un golfiño varado. Foto: CEMMA.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un mapa da NASA alerta da subida do mar en Galicia e revela as zonas máis afectadas

Unha ferramenta dixital baseada nos datos científicos do Sexto Informe do IPCC ofrece unha proxección sobre as subidas do nivel do mar en todo o mundo ata 2150

A gran eclipse solar de abril: cando e onde vela en Galicia?

Este fenómeno astronómico será visible de maneira parcial no oeste da comunidade, especialmente na franxa atlántica da Coruña e Pontevedra

O mapa dos ‘químicos eternos’ en Galicia: ata 70 zonas sospeitosas de grave contaminación

Unha investigación europea sinala a presenza no continente destas substancias nocivas para o medioambiente e a saúde

Identificado un novo campamento romano na fronteira entre Galicia e Portugal

Un equipo de arqueólogos detecta un posible recinto fortificado de tres hectáreas de extensión datado entre os séculos I a.C. e I d.C.