Venres 19 Abril 2024

A Unesco considera unha “acción destrutiva” o proxecto de praia fluvial en Lugo

O comité científico do organismo emitiu unha resolución demoledora sobre o impacto medioambiental na Reserva da Biosfera Terras do Miño

A Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN) solicitou ao Comité Español do Programa Persoa & Biosfera, órgano consultor da Unesco, un informe sobre o proxecto de praia fluvial impulsado polo Concello de Lugo na Reserva da Biosfera Terras do Miño. O ditame vén de facerse público e é demoledor. O organismo considera que este plan dificilmente pode ser considerado “unha actividade positiva ou compatible cos obxectivos de conservación dunha zona núcleo”. De feito, alega que é unha “acción destrutiva” sobre o corredor fluvial con efectos medioambientais que se prolongan máis aló da área destinada ao baño.

O proxecto, que pretende instalar piscinas flotantes, foi tombado radicalmente pola Unesco. No informe emitido polo organismo, apunta que esta acción, así como a instalación do pantalán, reducen e alteran o hábitat fluvial, afectando directa e indirectamente as especies protexidas. A SGHN informa que na contorna vive unha elevada biodiversidade, incluíndo unha importante colonia de bivalvos de auga doce de tres especies (Margaritifera margaritiferaUnio delphinus e Potomida littoralis), as dúas primeiras protexidas ao igual que as plantas acuáticas Luronium natans e Nymphoides peltata e o peixe espinoso (Gasterosteus aculeatus).

Publicidade

A explotación deste espazo suporá un incremento de ruído, pisoteo, residuos e facilitación de dispersión de especies exóticas invasoras. Todo isto “obriga a considerar que os requirimentos para asegurar un estado de conservación favorable dos hábitats e as especies de flora e fauna que viven no corredor ecolóxico fluvial non son compatibles coas que se expoñen nunha zona de baño.” Neste senso, a Unesco cre “censurable a formulación de traslocar as poboacións naturais de bivalvos acuáticos presentes no río Miño para facilitar a instalación e uso dunha actividade que resulta contraria ao mantemento do seu estado de conservación en condicións favorables”.

Unha proposta que atenta contra os obxectivos de conservación e protección ambiental

Estas propostas, polo tanto, son “dificilmente asumibles” na xestión prudente e racional da biodiversidade que expón tanto o Convenio da Diversidade Biolóxica, a Estratexia de Biodiversidade da Unión Europea ata 2030 e o recentemente aprobado Marco mundial Kunming-Montreal da Diversidade Biolóxica. O organismo apunta que o Concello de Lugo atesoura tres espazos que recibiron unha distinción especial: a Reserva de Biosfera Terras do Miño, Camiño de Santiago e Catedral de Lugo e debe, polo tanto, respectar o seu valor medioambiental.

Desta maneira, a Unesco alega que “dificilmente” se poden conservar e protexer estes espazos para as xeracións actuais e futuras fomentando proxectos contrarios acorde cos obxectivos marcados, “salvo que con iso se pretenda poñer en risco a continuidade destas designacións e apostar por un uso irracional e insostible dos recursos naturais”.

1 comentario

  1. HAI QUE PARSR XA AS ABERRACIÓNS URBANISTAS QUE
    NON TEÑAN EN CONTA OS PARÁMETROS MEDIOAMBIENTSIS E DE SOSTIBLIDADE .
    BASTA DE BRUTALIDADES !]

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Cabo Ortegal, novo Xeoparque Mundial: “A decisión da Unesco reforzará o turismo de calidade”

O vicepresidente da Deputación da Coruña e deputado de Turismo, Xosé Regueira, cre que a distinción impulsará o asentamento de poboación nova

Cabo Ortegal é declarado Xeoparque Mundial da Unesco

A denominación pon en valor o enclave dende o punto de vista xeolóxico, paisaxístico e natural, con rochas de máis de 400 millóns de anos

As Illas Cíes asumen o reto da declaración de Xeoparque Mundial da Unesco

Vigo non renuncia ao Patrimonio da Humanidade pero lanza un novo proxecto baixo o paraugas de 22 científicos galegos

A asociación galega Ponte…nas Ondas!, destacada na UNESCO como referencia cultural

O colectivo leva 27 anos realizando programas de radio transfronteirizos e xornadas de recollida de tradición oral con centros educativos nas marxes do Miño