Xoves 28 Marzo 2024

Torus, da Coruña á City de Londres

A start-up coruñesa Torus Software Solutions deu o salto dende a Universidade da Coruña ata a City de Londres, onde ten algúns dos seus principais clientes. Esta spin-off traballa na redución do tempo de resposta de aplicacións informáticas. A empresa foi seleccionada para formar parte do exclusivo programa Instrumento PYME Horizonte 2020 da Unión Europea.
Este programa apoia a proxectos con elevado potencial de crecemento dotándoos con ata 2,5 millóns de euros de financiamento. O seu obxectivo é incrementar a competitividade da economía europea apostando por empresas altamente innovadoras para consolidar sectores prioritarios da economía europea como é o TIC.
Torus Software Solutions, promovida e participada polos membros do grupo de investigación Arquitectura de Computadores da UDC, a Universidade da Coruña e a Fundación Barrié, a través do seu Fondo de Ciencia, multiplica as prestacións das bases de datos, plataformas de big data e en xeral calquera aplicación na que ser máis rápido represente unha vantaxe competitiva.

“Unha web sen tempos de espera transmite imaxe positiva e incrementa beneficios”

“Hoxe en día unha web ou un programa de fluídos, sen tempos de espera tras cada click, transmite unha imaxe positiva, seguridade na marca que está detrás, e por tanto incrementa o beneficios”, afirma Guillermo López, socio director de Torus Software Solutions, que foi creada na Coruña en abril de 2013. Aínda que son moitos os sectores en que o software de Torus, Torusware, ten aplicación é nos mercados financeiros onde a velocidade é unha importantísima vantaxe competittiva. Precisamente, Torus traballa xa con varias das principais entidades financeiras da City de Londres. O camiño iniciouse anos atrás cuns prometedores resultados de investigación na Universidade da Coruña, que atoparon apoio na Fundación Barrié a través do seu Fondo Ciencia, creado en 2011 para axudar á valorización e comercialización de tecnoloxías xeradas nas universidades e centros de investigación galegos.
O Instrumento PYME está dirixido a dar apoio a aquelas pemes que teñan a ambición de crecer, desenvolverse e internacionalizarse a través dun proxecto de innovación de dimensión europea. Ata a data avaliáronse 2.666 empresas, das que foron preseleccionadas 155. Finalmente, son 20 as empresas do ámbito TIC que recibirán este pulo da Comisión Europea.

Publicidade

Ningunha empresa italiana ou alemá foi seleccionada neste exclusivo programa

Mostra da exclusividade deste programa é o feito de que ningunha empresa alemá ou italiana do sector TIC foi seleccionada, mentras que Galicia conta cunha representante, Torus, en dito programa. Ademais, Torus acadou unha das maiores puntuacións a nivel europeo, sendo a única empresa en Europa en lograr este recoñecemento con a penas un ano de vida, cando a maioría das seleccionadas teñen catro ou máis anos. Trátase dun caso único, mostra do elevado potencial de Torus.

A Fundación Barrié e a ciencia

A creación dun fondo de ciencia co que desde hai catro anos a Fundación Barrié está investindo en investigación próxima ao mercado, os programas de entrenamento de transferencia de tecnoloxía, as convocatorias anuais de bolsas de posgrao no estranxeiro que permiten a investigadores vinculados a Galicia formarse nos mellores centros do mundo, ou os seus esforzos por achegar a ciencia aos escolares e fomentar novas vocacións científico-tecnolóxicas, cun amplo programa de actividades ao longo do curso escolar, amosan o sólido compromiso da Fundación coa investigación en Galicia.
A Fundación Barrié financia catro proxectos de investigación, cun millón e medio de euros a través do seu Fondo de Ciencia. O Fondo foi creado en 2011 co triplo obxectivo de promover a investigación de excelencia, a transferencia dos resultados científicos e tecnolóxicos xerados no sistema de investigación á sociedade, e abrir a ciencia e a I+D pública ao investimento privado. Para iso apoia a xeración de oportunidades de investimento baseadas en desenvolvementos científicos e tecnolóxicos. A parte do premiado Torus, os outros proxectos desenvólvense en colaboración coa Fundación Ramón Domínguez, a Universidade de Santiago de Compostela e o Centro Tecnolóxico das Telecomunicacións de Galicia-Gradiant de Vigo.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Cando a música e a informática se alían: “Un músico poderá atopar partituras cantaruxando”

A investigadora da UDC Hilda Romero Velo crea unha aplicación web e móbil para solucionar algúns dos problemas aos que se enfrontan os músicos no día a día

Así se ve a constelación de satélites de Elon Musk

Máis de 4000 obxectos orbitan arredor da Terra para vender unha tarifa de datos que proporciona acceso universal á rede

Caída masiva de internet nas principais compañías móbiles en España

Numerosos usuarios quéixanse de dificultades para acceder á rede e incluso chamar, pero non transcendeu que impacto tivo en Galicia

Un enxeñeiro galego crea un mecanismo para acelerar as conexións a internet no móbil

Esta proposta da tese de Pablo Fondo, do atlanTTic, é compatible coas redes 4G existentes, o que facilita a súa integración