Martes 19 Marzo 2024

Así cambiaría a Terra sen a auga dos océanos

A tendencia é a contraria. O aumento do nivel dos océanos está a poñer en risco os lugares nos que habitan millóns de persoas no planeta. Porén, hai xa 12 anos, en 2008, a NASA fíxose unha pregunta: que pasaría se os oceános quedasen pouco a pouco sen auga? Baixo o mar agóchase unha xeografía moi peculiar, froito dos diferentes procesos xeolóxicos vividos polo planeta durante miles de millóns de anos.

E hai apenas dous meses, o científico James O’Donoghue, que traballa na Axencia de Exploración Espacial do Xapón (JAXA), mellorou a resolución o traballo desenvolvido por Horace Mitchell , da axencia estadounidense, engadindo un marcador de profundidade para ver en que momento a auga desaparece de diversas partes dos océanos.

Publicidade

Así quedan ao descuberto accidentes xeográficos moi relevantes, como a dorsal atlántica, os corredores que serviron aos antigos humanos para cruzar a canle da Mancha ou o estreito de Bering e, se nos fixamos, o monte do Banco de Galicia.

O’Donoghue explica que, “a medida que o nivel do mar baixa, aparecen rapidamente as plataformas continentais, agás no Ártico, onde as plataformas son máis profundas”. Posteriormente, entre os 2.000 e 3.000 metros, xorden as cordilleiras dorsais dos océanos. Unha vez que se chega á profundidade de 6.000 metros, a maior parte dos océanos están ‘secos’, agás as foxas oceánicas, como a das Marianas ou a das Molucas.

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Crean en Vigo un mapa de biodiversidade costeira a partir de 11.000 chíos

A análise da información recompilada na rede X permite, cun baixo custo, complementar os programas existentes de vixilancia
00:00:22

Ibai, Luceira e Lula: as tres tartarugas que vararan en Galicia volven ao mar

Despois de pasar por un centro de recuperación e expulsar todos os plásticos do tracto dixestivo poden regresar ao océano

Envía o teu nome a Xúpiter nunha misión espacial da NASA

Dende a axencia lanzarán unha botella que leva tamén un poema da escritora estadounidense Ada Limón

A NASA detecta un enorme burato no Sol

O Observatorio de Dinámica Solar capta un vídeo do fenómeno e prognostica unha tormenta xeomagnética nos vindeiros días