Xoves 25 Abril 2024

Os termómetros dispáranse en Galicia ata os 30 graos: que é o ‘Verán de San Miguel’?

A estabilidade atmosférica verase interrompida polo paso dunha pequena fronte o mércores que deixará precipitacións de carácter feble

O outono xa comezou pero, o verán, dende o punto de vista meteorolóxico, resístese a marchar. Despois dunha fin de semana marcada polo descenso das temperaturas mínimas, nos últimos días de setembro os termómetros soben ata os 30 graos en Galicia. Este situación climatolóxica que adoita acontecer coa entrada oficial do outono coñécese popularmente como “Verán de San Miguel” por coincidir co día da festividade de San Miguel Arcanxo, o 29 de setembro. Caracterízase polos días calorosos e ceos despexados, este ano afectará a toda a península e en zonas do suroeste poderán acadarse os 35 graos.

O Verán de San Miguel é un fenómeno climatolóxico que non está garantizado todos os anos. Refírese a un breve período de tempo no que a estabilidade atmosférica despraza o clima outonal. Este episodio adiántase este ano, posto que a semana xa comeza en Galicia con temperaturas por riba dos 25 graos. Existen tamén outras maneiras de denominar o acontecemento, como o ‘Verán dos Arcanxos’ ou o ‘Verán do Marmelo’, por coindicir coa maduración deste froito. En realidade, non hai unha base científica que explique este episodio climatolóxico e todas as denominacións nacen da observación popular.

Publicidade

Para entender este rumbo no clima, dente eltiempo.es explican que “o verán xa terminou e sufrimos a primeira rabexada do outono. Esta época do ano caracterízase pola transición entre estacións. Intercálanse os días cálidos cos frescos. A atmosfera cambiante adoita provocar despois uns días de bo tempo”.

O mércores entra unha borrasca pouco activa

Aínda que este verán fugaz chega o luns 25 de setembro, haberá unha pequena pausa debido ao paso dunha fronte pouco activa que afectará ao noroeste de Galicia. É unha borrasca que rozará o mércores á comunidade e que poderá descargar precipitacións de carácter feble. As temperaturas baixarán o mércores e repuntarán a partir do xoves para reanudar os días calorosos e ceos completamente azuis. Dende MeteoGalicia apuntan que estes vindeiros días haberá unha “sucesión de situacións intermedias entre altas e baixas presións” sen unha influencia anticiclónica moi clara, pero con borrascas que poden estar cerca da nosa comunidade. Galicia é a única comunidade con probabilidade de chuvia esta semana pero, igual que ao resto da península, espéralle unha fin de semana calor.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Volve a chuvia a Galicia: unha borrasca atlántica deixará unha fin de semana de inestabilidade

O mércores será un día de transición e o xoves empezarán as precipitacións polo aire frío situado nas capas altas da atmosfera

Unha masa de aire polar desplomará os termómetros en Galicia

As temperaturas caen ata 10 graos a vindeira semana, quedando en valores baixos para a época do ano

Por que é un erro falar de Galicia como ‘refuxio climático’ para atraer turismo

O turismo contribúe á emisión de gases contaminantes á atmosfera e os refuxios climáticos deben ser accesibles a toda a poboación

Unha DANA trae aire africano a Galicia e dificulta a predición para Semana Santa

Esta fin de semana agárdase tempo seco na comunidade pero a partir do luns aumentan as probabilidades de chuvia