Este sábado 28 de outubro celébrase en todo o mundo o Día Internacional de Observación da Lúa. A Agrupación Astronómica Coruñesa Ío súmase a esta convocatoria cunha observación pública da Lúa na Praza de María Pita da Coruña entre as 20 e as 22 horas. E para celebrarmos o 15º aniversario da agrupación (2002-2017), contaremos con 15 postos de observación, a maioría telescopios.
A agrupación Ío convida a todas as persoas interesadas “a que se acheguen á Praza de María Pita e compartan con nós unha efeméride de interese mundial”.