Telecomunicacións de Vigo celebra cunha festa o 25 aniversario da súa primeira promoción
“A idea era volver pero sen as formalidades de vir como parte dunha empresa ou institución, senón como persoas individuais que regresan ao lugar no que se formaron”. Así define o catedrático Íñigo Cuiñas, director da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación, o espírito de San Teleco XL, a xornada de confraternidade organizada para celebrar o 30 aniversario da escola e as bodas de prata da graduación da primeira promoción de enxeñeiros e enxeñeiras que saíron das súas aulas.
Será toda unha festa na que, ademais dos propios exalumnos e alumnas, están convidados a participar as súas parellas e fillos, para quen o centro, coa colaboración do colexio oficial e a Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia, organizou toda unha serie de obradoiros adaptados segundo idades. Asistirán algo máis de cen profesionais en activos e arredor de medio cento de cativos, tanto de infantil, como de primaria e secundaria e para eles deseñouse un programa de entretemento centrado en actividades tecnolóxicas, nas que non faltará a electrónica, a robótica ou a música dixital.
Máis información no seguinte enlace: