Xoves 28 Marzo 2024

Sharpless 308: a burbulla da Estrela

Créditos da imaxe e copyright: Anis Abdul
Créditos da imaxe e copyright: Anis Abdul

Explicación: inchada polos ventos rápidos procedentes dunha estrela quente e masiva, esta burbulla cósmica é enorme. Catalogada coma Sharpless 2-308 atópase a uns 5.200 anos luz de distancia cara a constelación do Can Maior (Canis Major) e cobre lixeiramente no ceo máis ca unha lúa chea. Iso correspóndese a un diámetro de 60 anos luz a súa distancia estimada. A estrela masiva que creou a burbulla, unha estrela Wolf-Rayet, é a brillante preto do centro da nebulosa. As estrelas Wolf-Rayet teñen unhas 20 veces a masa do Sol e pénsase que están nunha breve fase pre-supernova da evolución de estrelas masivas. Os ventos rápidos desta estrela Wolf-Rayet crean a nebulosa con forma de burbulla mentres varren paseniño o material dunha fase temperá de evolución. A nebulosa, levada polo vento, ten unha idade duns 70.000 anos. A emisión relativamente feble captada na imaxe ampla está dominada polo brillo dos átomos de osíxeno ionizado que se cartografaron nun cor azul.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un mapa da NASA alerta da subida do mar en Galicia e revela as zonas máis afectadas

Unha ferramenta dixital baseada nos datos científicos do Sexto Informe do IPCC ofrece unha proxección sobre as subidas do nivel do mar en todo o mundo ata 2150

Envía o teu nome a Xúpiter nunha misión espacial da NASA

Dende a axencia lanzarán unha botella que leva tamén un poema da escritora estadounidense Ada Limón

O galego aos mandos da dinámica orbital da NASA: “O espazo parecíame ciencia ficción”

Andrés Dono entrou na administración espacial americana con 24 anos para facer unhas prácticas. Unha década despois lidera o equipo que deseña a traxectoria dos satélites

Begoña Vila: “Atoparemos probabilidades de vida noutro planeta”

Co gallo do décimo aniversario de Gciencia, a astrofísica da NASA analiza a divulgación dos achados cósmicos e a busca de vida intelixente