Xoves 28 Marzo 2024

Os Museos Científicos Coruñeses celebran a Semana da Ciencia con portas abertas

Desde este luns ata o domingo 17 poderase asistir de balde ao Aquarium Finisterrae, a Casa das Ciencias e a Domus

Os Museos Científicos Coruñeses celebran do luns 11 ao domingo 17 de novembro sete días de portas abertas, con motivo da Semana Internacional da Ciencia 2019. Durante esa semana a entrada será gratuíta na Casa das Ciencias, a Domus e o Aquarium Finisterrae.

Ademais dos contidos dos tres museos, ao longo da semana haberá outras actividades, como a novidosa representación teatral de divulgación científica o venres 15, coa obra El enigma de Agustina, un proxecto que combina radio en directo, cinema e teatro. Ademais, a axenda desta semana científica inclúe actividades interactivas relacionadas coa auga e, o sábado 16, a entrega dos Premios Prismas á Divulgación 2019.

Publicidade

Programa: 

– Do 11 ao 17 de novembro. Portas abertas na Casa das Ciencias, a Domus e o Aquarium Finisterrae, de 10 a 19 horas (o Aquarium pecha o acceso ás 18 horas).

– Do 14 ao 17 de novembro. Obradoiros sobre a auga. ChoivaBox é un módulo interactivo que simula a choiva e o súa almacenaxe nunha conca hidrográfica. Actividade de realidade virtual para visualizar o interior dunha instalación de tratamento de auga. Organizado pola Cátedra Emalcsa-UDC e Emalcsa. Na Domus, no seu Laboratorio Aberto, en horario de 16 a 19 horas.

– Venres 15 de novembro. Representación teatral El enigma Agustina, que rende homenaxe á física Agustina Ruiz Dupont. Terá lugar no auditorio do centro Ágora o 15 de novembro ás 20 horas, con entrada libre ata completar a capacidade. A obra foi premiada co Prisma Casa das Ciencias á Divulgación 2019 na modalidade de mellor proxecto singular.

Sábado 16 de novembro. Actos de entrega dos XXXII Prismas Casa das Ciencias á Divulgación. Ás 11 horas, na Domus, presentación dos traballos gañadores dos Prismas 2019, con entrada libre. E ás 13.00 horas terá lugar a entrega dos Prismas 2019, no salón de plenos do Concello da Coruña.

GCiencia gaña o premio máis prestixioso de información científica de España

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O planetario da Casa das Ciencias estrea unha proxección para público infantil

Un filme con dous esquíos como protagonistas ensinaralle os nenos de 4 a 7 anos as condicións de vida doutros planetas do sistema solar

A Asociación de Amigos da Casa das Ciencias festexa 30 anos de coñecemento compartido

O seu presidente, Julio Casal, reivindica o compromiso coa divulgación científica para achegar información de calidade á sociedade

Os Museos Científicos Coruñeses programan do 11 ao 19 de novembro a Semana da Ciencia

Co obxectivo de atender a elevada demanda de visitas, este ano prolónganse durante dúas fins de semana as celebracións da Semana da Ciencia

A Asociación de Amigos da Casa das Ciencias celebra o seu 30 aniversario

A entidade, que colabora cos Museos Científicos Coruñeses e o Muncyt, tamén organiza dúas conferencias sobre a relación entre música e ciencia