Venres 19 Abril 2024

Santiago repite entre as 400 mellores universidades do mundo

Por cuarto ano consecutivo o Academic Ranking of World Universities (ARWU) sitúa a USC entre as mellores universidades do mundo. Concretamente, a Universidade de Santiago repite a súa mellor posición (no intervalo das 301-400 mellores institucións universitarias) nesta clasificación que dende 2003 realiza a Universidade Jiao Tong de Shanghai e que comunmente é coñecida como ránking de Shangai.

Das once universidades españolas recollidas, a de Santiago atópase entre as sete mellores do Estado ao mesmo nivel que a Autónoma de Barcelona, Autónoma de Madrid e Complutense. Nas primeiras posicións (no intervalo 201-300) sitúanse a Pompeu Fabra, Barcelona e Granada. Completando a relación, o ránking destaca a Politécnica de Valencia, Jaume I, País Vasco e Valencia, estas catro no intervalo 401-500.

Publicidade

Nos últimos dez anos, a USC ten experimentado unha evolución ascendente neste ránking. Logo dunha primeira inclusión nesta clasificación no ano 2004 (no intervalo 404-502), a USC volveu incorporarse entre 2009 e 2011  no intervalo 401-500, para en 2014 e 2015 repetir na mesma posición. Nos dous últimos anos, 2016 e 2017, a Universidade de Santiago rexistrou as súas mellores posicións, ascendendo ao intervalo das 301-400 mellores universidades do mundo.

Áreas
A finais do pasado mes de xuño, ARWU adiantaba tamén unha clasificación das mellores universidades do mundo ordenadas por distintas áreas de coñecemento. No caso da institución compostelá, en disciplinas do ámbito das Ciencias da Vida, a USC destacaba en catro áreas: Ciencias Veterinarias (101-150), Ciencias da agricultura (201-300), Ciencias Biolóxicas (301-400) e Ciencia Biolóxica Humana (401-500).

En Ciencias Naturais, a USC figuraba destacada en Matemáticas, Física e Química, nos tres casos entre as posicións 201 e 300. En Enxeñaría, a investigación realizada nos Campus de Santiago e Lugo alcanzaba os seus mellores rexistros, segundo ARWU, en Ciencia dos alimentos e Tecnoloxía (101-150), Ciencias da Enerxía e Enxeñaría (201-300), Biotecnoloxía (201-300) e Ciencias medioambientais e enxeñaría (301-400).

Finalmente, do ámbito temático das Ciencias Médicas, a USC aparece referenciada por Farmacia e Ciencias farmacéuticas (151-200).

Metodoloxía
Na selección inicial de universidades, ARWU considera todas aquelas universidades que contan entre o seu persoal con galardoados/as polos premio Nobel, Medallas Fields, persoal investigador altamente citados ou artigos publicados en Nature ou Science. Tamén se inclúen aquelas universidades cun número destacado de artigos científicos indexados polo Science Citation Index-Expanded (SCIE) ou no Social Science Citation Index (SSCI). En total, na edición deste ano cualificáronse máis de 1.300 universidades.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Galicia avanza para contar cos seus propios medicamentos CAR-T nos próximos anos

A finais de ano abrirá un centro de produción en Santiago e un proxecto de investigación traballa para aplicalos en tumores sólidos

Así era Castro Valente: a fotografía láser recrea a muralla da gran fortaleza medieval galega

Un estudo da USC usa as novas tecnoloxías para ampliar información sobre o xacemento de 10 hectáreas situado entre Padrón e A Estrada

O meteorito que brillou como cincuenta lúas cheas xa pode visitarse en Santiago

Tratouse dun asteroide de 1,15 metros de tamaño e 2,62 toneladas de masa que chocou contra a atmosfera a 15 Km/s

Unha tese galega demostra a viabilidade de reutilizar restos vinícolas e pesqueiros no país

Antonio Cortés avaliou a sustentabilidade das estratexias de valorización de residuos orgánicos, alén de estudar a ecoeficiencia dos procesos